Cans busca asegurar a continuidade do 'agroglamour'

Presentación dunha edición do festival de Cans © Festival de Cans

Hai uns días soubemos que o Ministerio de Cultura deixara Cans e outros festivais galegos de cinema sen as axudas económicas que até o de agora viñan recibindo. Non é que o evento porriñés vivise en exclusiva desta subvención pero si era imprescindible para cadrar os orzamentos de cada edición. Os dez mil euros da achegado ICAA supoñían o 12% do orzamento e a súa eliminación foi "un duro golpe á liquidez do festival", segundo os organizadores de Cans, e "complica a organización do décimo aniversario" á espera de concretar o apoio de Agadic.

Nestes senso o festival de Cans agradece a boa disposición do Concello do Porriño como patrocinador e espera que, unha vez que xa pasaron as Eleccións Autonómicas, a Xunta defina claramente as competencias do audiovisual para poder concretar o antes posible en que medida Cans contará con apoio da administración autonómica.

A idea é non ofrecer fórmulas xenéricas de patrocinio, senón propoñerlle a cada marca unha proposta única, "buscando o punto no que conflúen o espírito do festival e a imaxe e filosofía de cada empresa"

Pero cómpre que se incremente o investimento privado para poder manter o nivel de calidade acadado nas últimas edicións. É por isto que Cans inicia unha campaña de captación de apoios privados coa idea de non ofrecer fórmulas xenéricas de patrocinio, senón propoñerlle a cada marca unha proposta única, "buscando o punto no que conflúen o espírito do festival e a imaxe e filosofía de cada empresa".

Deste xeito o festival quere poñer a disposición das marcas a posibilidade de patrocinar elementos e lugares característicos do festival, coma os chimpibuses, os jalpóns, o Jaliñeiro Unplugged, as alfombras vermellas ou a leira dos coloquios. En definitiva "quérese dar visibilidade aos patrocinadores mantendo a singularidade de Cans". Para contactar coa organización, pódese facer no mail apoia@festivaldecans.com

O obxectivo é reducir o peso das achegas de organismos públicos, que xa é menos dametade do orzamento, sen renunciar a contar con ese apoio

A campaña de captación de apoios privados forma parte dunha liña de traballo que está activando a organización para diversificar as fontes de ingresos do festival e que se completará con novas medidas nos próximos meses. O obxectivo é reducir o peso das achegas de organismos públicos, que xa é menos da
metade do orzamento, sen renunciar a contar con ese apoio.

Presentación dunha edición do festival de Cans © Festival de Cans

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.