0 Gardados para despois

Chega o tempo da verbena... e galega!

Redacción | @prazapublica

Verbena galega é un proxecto de Culturactiva SCG para "galeguizar" as festas. Trátase dunha revisión do que é actualmente o concepto de verbena tratando de reinventalo e de actualizalo. A oferta inclúe un tráiler con iluminación e son, un grupo de música tradicional, un de pachanga e un picadiscos para o remate da festa. Grupos como Pandeiromus, A Compañía do Ruído ou O Sonoro Maxín forman parte do cartel.

En total son 5 horas de música e baile co denominador común do idioma galego e da esencia da festa tradicional e moderna a un tempo. As actuacións musicais divídense en 2 pases (un de cada grupo) coa posibilidade da intervención dun grupo de animación antes da sesión musical e/ou no intermedio e un picadiscos como peche das actuacións para que a festa nunca remate. Unha proposta pensada para público familiar que de seguro encherán de cor calquera festa en Galicia que queira innovar e diferenciarse do resto.

Grupos como Pandeiromus, A Compañía do Ruído ou O Sonoro Maxín forman parte do cartel

A programación pódese completar con: Presentador: Un persoeiro coñecido poderá facer de mestre de cerimonias do espectáculo presentando aos grupos e facendo ás veces de pregoeiro, contando historias do pobo e da xente que nel vive. Espectáculo de circo/clown: Espectáculo de circo na rúa para todos os públicos. E Contacontos infantil: Actuación dun contacontos para nenos e nenas.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.