'Galiza Mutante: Poder Nuclear!', un futuro postapocalíptico

Capa do libro © Urco Editora

Este mércores preséntase en Compostela a primeira novela de Tomás González Ahola, Galiza Mutante: Poder Nuclear!editada conxuntamente entre Urco editora e Contos Estraños editora. Trátase dunha trama postapocalíptica ambientada nunha Galicia que rexorde moitos anos despois dun cataclismo, onde non falta o humor e a sátira social. A presentación terá lugar ás 19:30 no Centro Sociocultural O Ensanche.

No libro O Pastor, Rocho, Holifoz e Costenla, catro mutantes acabados de chegar a Cmph'sthulhu, "terán que enfrontarse aos máis estraños perigos na que será a aventura da súa vida, na que se cruzarán cos máis variopintos personaxes, como o capitán Xacho-beu, os Sete Bispos Mutantes e outros moitos enxendros nacidos deste novo e delirante mundo".

Capa do libro © Urco Editora

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.