Díaz Pardo como símbolo da conxunción entre empresa e cultura

Cartaz do Foro © Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo organiza o 15 de xuño o primeiro Foro “Isaac Díaz Pardo” Empresa e cultura que, a través da presentación de experiencias galegas, portuguesas ou francesas que conxugan a cultura e a actividade empresarial, explorará "a tradición como fonte de innovación e factor de excelencia”. O Foro céntrase en coñecer e reflexionar sobre o papel que a tradición ten nas empresas cando se trata de desenvolver un novo produto e coñecer exemplos de como se utilizou a tradición como elemento de innovación e factor de excelencia para poñer no mercado un producto adaptado aos novos requirimentos dos consumidores que mantén a esencia do saber facer propio.

O Foro céntrase en coñecer e reflexionar sobre o papel que a tradición ten nas empresas cando se trata de desenvolver un novo produto

A relación entre empresa e cultura forma parte dun amplo debate na sociedade sobre o que se deu en chamar “responsabilidade social corporativa”, que en Galicia tamén ten presenza aínda sen existir unha ampla tradición no mecenado cultural por parte das empresas galegas. Neste tempo de crise onde é preciso revisar o papel de todos e cada un dos axentes sociais no espazo cultural, o Museo do Pobo Galego quere abrir un foro de reflexión e debate sobre o papel das empresas na cultura galega e da cultura galega nas empresas, que a súa vez sexa unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo, patrón e presidente do Padroado do Museo, home da cultura e da empresa, por ser o mellor referente galego da conxunción entre as dúas

O Muse quere abrir un foro de reflexión sobre o papel das empresas na cultura galega, que a súa vez sexa unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo

Entre as experiencias que se darán a coñecer están a label Enterprise du patrimoine vivant outorgada polo Estado francés a aquelas empresas que se distingan por un saber facer artesanal e industrial de excelencia, ou a recuperación dos Os lenços de Namorar pola Aliança Artesanal Cooperativa de Vila Verde en Portugal. E tamén as iniciativas galegas do viño tostado do Ribeiro, os mobles e elementos de decoración de Rías Baixas, Prototypes, as embarcacións de lecer con deseño de Racú, moi preocupada pola recuperación do patrimonio maritimo, ou as camisetas e outros produtos de deseño aplicado de Rei Zentolo.

Cartaz do Foro © Museo do Pobo Galego

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.