0 Gardados para despois

'O instante eterno' de Díaz Castro

Redacción | @prazapublica

Xa se pode ver un teaser de máis de nove minutos de O instante eterno, un documental sobre a obra e a vida do poeta dos Vilares de Guitiriz Díaz Castro no que vén traballando o seu director Xosé Antón Cascudo desde o 2011, en estreita colaboración coa Asociación Cultural Xermolos, cuxo presidente Alfonso Blanco lle cedeu o arquivo textual e fotográfico do poeta. O documental poderá verse de forma completa nos vindeiros meses.

O instante eterno indaga nalgunha das constantes poéticas de Díaz Castro a través de entrevistas con persoas vinculadas a esta figura, tanto amigos como especialistas na súa obra. Ademais, afonda na xenealoxía emocional de Nimbos a través de dous elementos fundamentais: a lingua e a paisaxe da infancia. A idea do proxecto é trazar un poema visual en cinco tempos, coincidindo coas catro estacións da vida de Díaz Castro e un epílogo sobre a pegada estética da súa obra.

Teaser 'O instante eterno'

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.