Os libreiros denuncian que os colexios concertados venden ilegalmente libros de texto

Libraría no Culturgal © Culturgal

"Os colexios están realizando unha actividade pola que non tributan, nin están autorizados, nin cumpren ningún requisito legal esixido como emisión de recibos, alta na Seguridade Social, contrato laboral dos vendedores, declaración e liquidación do IVE, exhibición do cartel anunciador das follas de reclamación disponibles". A Federación de Libreiros de Galicia vén de presentar unha denuncia ante a Dirección Xeral de Comercio polo "intrusismo" no que incorren medio cento de centros concertados, que venden libros de texto, unha actividade pola que poden ingresar medio millón de euros anuais e que foi declarada ilegal en varias sentenzas xudiciais.

O pasado ano a Federación de Libreiros denunciou esta práctica por vía administrativa ante a Consellaría de Industria, e nos últimos meses presentou 50 denuncias máis, pero se atopan á espera de que se emita unha resolución oficial

Non é a primeira vez. O pasado ano a Federación de Libreiros denunciou esta práctica por vía administrativa ante a Consellaría de Industria, e nos últimos meses presentou 50 denuncias máis, pero se atopan á espera de que se emita unha resolución oficial.

En 2007 unha sentenza do Tribunal Supremo deixou clara a ilegalidade da venda de libros de texto nos colexios, condenando nese caso o centro dos Maristas en Ourense. Os libreiros acusan a estes centros concertados, a maioría relixiososo, de "intrusismo" e de "competencia desleal". Os centros privados deféndense argumentando que non son eles os que venden os manuais, senón "unha libraría interna".

Os centros privados deféndense argumentando que non son eles os que venden os manuais, senón "unha libraría interna"

Porén, dende a Federación de Libreiros saliéntase que estes establecementos non cumpren coa lexislación en moitos aspectos: "non tributan, nin están autorizados, nin cumpren ningún requisito legal esixido como emisión de recibos, alta na Seguridade Social, contrato laboral dos vendedores, declaración e liquidación do IVE, exhibición do cartel anunciador das follas de reclamación disponibles..." e que "o negocio da venda de libros de texto para os centros de ensino concertados é un negocio redondo, porque teñen os clientes asegurados".

 

Libraría no Culturgal © Culturgal

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.