Revenidas convoca o seu segundo concurso de grupos emerxentes

Avance do cartaz da edición 2014 do festival Dominio Público Festival Revenidas

O Festival Revenidas convoca a segunda edición do seu concurso de grupos emerxentes. O grupo gañador formará parte da programación do festival, que se celebrará en Vilaxoán do 22 ao 24 agosto, ademais de recibir 300 euros. Deste xeito, unha banda amateur compartirá escenario con grupos históricos do rock bravú e coas revelacións do panorama actual da música galega

Este ano conmemórase o XX aniversario do movemento bravú cunha programación especial. Destacan as actuacións de Heredeiros da Crus, Diplomáticos de Monte Alto, Sés e Nao, ademais de Terbutalina, Leo e Arremecaghona, Dakidarría, Ultraqans, Rastreros e Liviao de Marrao. Os bonos das entradas a un prezo máis económico (15 euros) estarán a venda durante poucos días a partir deste luns 21 de xullo.

Os participantes no concurso non poden ter editado ningún disco, deben ter un repertorio propio de seis cancións en galego. Os grupos interesados terán que enviar a súa solicitude por correo electrónico a revenidascomunicacion@gmail.com. A presentación de candidaturas rematará o 7 de agosto. Despois de que a organización reciba todo o material todos os participantes serán presentados no Facebook de Revenidas para que os seguidores/as do festival, voten e escollan o que ao seu favorito. A votación rematará o 14 de agosto. Os tres grupos con máis votos pasarán a final, na que un xurado composto por un membro da organización do Festival, un xornalista e dous membros dun grupo de música da actual edición Revenidas elixirán o gañador.

O pasado ano 21 bandas participaron no concurso de grupos noveis do Revenidas, un certame que foi gañado polo grupo Maskarpone, que foi o encargado de abrir o festivalSupeoito e Bocinazo foron os outros dous grupos finalistas.

Imaxe dun dos concertos do pasado ano © Revenidas
Avance do cartaz da edición 2014 do festival Dominio Público Festival Revenidas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.