O teatro, da universidade á cadea

Dominio Público Praza Pública

O Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña (FITEUC) sobe o pano, un ano máis, e ofrecerá ao longo do mes de maio unha decena de obras de agrupacións afeccionadas procedentes dos campus de Barcelona, Ferrol, Ourense, Santiago, A Coruña, Vigo e Beira Interior, o TeatrUBI de Portugal. Todas as representacións serán de balde e terán lugar no Fórum Metropolitano. Cunha sorprendente excepción: a obra Nosa señora das Nubes, de Arístides Vargas, dirixida por Rubén Ruibal e adaptada pola Aula de Teatro da UDC, poderase ver o 12 de maio, ás 11 horas, no centro penitenciario de Teixeiro; e o día 15, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía Castro.

Polo demais, no FITEUC 2012 terá un especial protagonismo a danza, con dúas xornadas dedicadas a esta disciplina, e nas que participarán, ademáis da aula de Danza da UDC, o grupo de danza universitaria de Ourense, a compañía de danza do Campus de Lugo e a Escola de Danza Contemporánea de Ferrol. 

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.