Un documental inmersivo coa veciñanza de Sabucedo mostra a loita contra o tempo da rapa das bestas
Son moitas as cámaras que teñen pasado por Sabucedo, pero a de Alejandro Enríquez logra captar o día a día desa conexión e entendemento cos cabalos porque a súa mirada é a dun máis que mira polo ben desas bestas. 'Rapa. Xente ao monte' mostra unha tradición en serio perigo de extinción.