"Teño a manía de querer facerme entender"
"Considero que a performance encárgase de rachar as barreiras entre que é vida e que é arte". Silvia Penas leva a poesía alí onde vai, e non deixa de subirse os escenarios cos seus diferentes proxectos
"Considero que a performance encárgase de rachar as barreiras entre que é vida e que é arte". Silvia Penas leva a poesía alí onde vai, e non deixa de subirse os escenarios cos seus diferentes proxectos
O Seminario de Lexicografía da RAG engade corenta voces canda novas acepcións ou melloras na redacción doutros vinte lemas.
O venres 7 de xuño actuarán na Praza da Tolerancia da Coruña Grande Amore, Boyanka Kostova, Leria e Lontreira, nunha nova acción deste proxecto de dinamización lingüística iniciado neste instituto da cidade herculina e que xa se estendeu a 150 centros de ensino de todo o país
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, Ana G. Liste senta con Federico Pérez e Iolanda Muíños para, entre polbo e ribeiro, conversar sobre +Cuñados, o filme co que volven ás pantallas tras o éxito e gargalladas da primeira parte e que chega ás salas de cinema este 19 de abril con arrecendo a entroido ourensán
Ás seis da tarde do 18 de abril de 1994, hai hoxe 30 anos, comezou a emitirse na TVG o Xabarín Club. Falamos co seu creador, Suso Iglesias, sobre os inicios do programa que marcou a toda unha xeración e sobre a evolución da programación infantil en televisión.
Do 7 ao 16 de xuño a praza da Quintana de Santiago vai encherse de propostas para todas as idades e padais literarios durante a Semana do Libro de Compostela (SELIC)
Braga acolle este sábado unha reedición da gala 2023, que tivo lugar en outubro en Compostela e na que se entregaron os premios ás mellores cancións e poemas do ano en Galicia e Portugal. Servirá de peche ao Congreso Internacional de Estudos Galegos, que comeza este mércores na cidade bracarense.
A mostra parte dunha investigación das docentes da USC María López Sández, Fernando Cabo e Maria do Cebreiro Rábade sobre a presenza das especies vexetais nos textos da poeta, que posteriormente López Sández e a profesora de Botánica Mª Isabel Fraga Vila converteron nun herbario físico doado á Casa-Museo e nunha exposición que xa se puido ver en numerosas localidades galegas.
Diarios / 1. Azul Monforte, de Antón Lopo, e Perder as bestas, de Manuel Veiga, foron as obras premiadas na última edición dos Premios da Crítica Española para as obras en lingua galega. Curiosamente, os dous son de Monforte de Lemos. Os premios, feitos públicos este sábado na cidade de Ferrol pola Asociación Española de Críticos Literarios, son outorgados en colaboración coa Asociación Galega da Crítica.