A Gala do Libro Galego xa ten finalistas

Gañadores e gañadoras da primeira edición da Gala do Libro Galego © AELG/AGE/FLG

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia veñen de dar a coñecer as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia. As obras gañadoras, sen dotación económica, serán determinadas por un xurado externo e daranse a coñecer o vindeiro 20 de maio nun evento que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A Gala do Libro Galego 2017 conta co apoio do Concello de Santiago a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia

 

Ensaio

Os últimos carballos do Banquete de Conxo. De H. Alvarellos, X. Martínez, F. Singul, M. Souto. Alvarellos Editora – Consorcio de Santiago
A nosa Terra é Nosa!. A xeira das Irmandades da Fala… De Emilio Xosé Ínsua López. Baía Edicións
Lábrego con algo de poeta : biografía de Manuel María. De Mercedes Queixas. Editorial Galaxia
Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras. De Rebeca Baceiredo. Axóuxere Editora
O TTIP. Un cabalo de Troia contra a nosa soberanía. De VVAA. Edicións Laiovento

Narrativa

O espello do mundo. De Ramón Nicolás. Edicións Xerais de Galicia
Non é París. De María Canosa. Ediciones Bolanda
A ferida do vento. De Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia
Aqueles días en que eramos malas. De Inma López Silva. Editorial Galaxia
Non hai outro camiño. De Isaac Xubín. Edicións Xerais de Galicia
Todo canto fomos. De Xosé Monteagudo. Editorial Galaxia
O Alfaiate Portugués. De Francisco Javier Senín Fernández. Editorial Galaxia

Literatura Infantil e Xuvenil

A casa do medo. De Agustín Fernández Paz. Editorial Rodeira
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. De Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia
O soño do Merlo Branco. De Agustín Fernández Paz. Ilustracións de Lucía Cobo . Edicións Xerais de Galicia
Marta e a píntega. De Eli Ríos. Ilustracións: Patricia Román. Editorial Galaxia
A soidade das medusas. De: Iria Collazo López. Editorial Galaxia

Libro Ilustrado

Canta connosco. De Óscar Villán. Kalandraka Editora
Marcopola 4. Avoa Power. De Jacobo Fernández Serrano. Edicións Xerais de Galicia
Aire. María Fumaça. VVAA. Ilustracións de P. Pastor. Editorial Galaxia
Presas fáciles. De Miguelanxo Prado. El Patito Editorial
Os lapis primos. De José A. Ramírez Lozano, Natalie Pudalov. OQO Editora

Iniciativa bibliográfica

De catro a catro. Manuscrito inédito. De Manuel Antonio. Edición de Anxo Tarrío Varela. Alvarellos-Consorcio de Santiago
Bolxeviques 1917-2017. VV AA. Edicións Xerais de Galicia
Será correcto? De Concha Blanco, María Canosa. Hércules de Ediciones
Aulas sen paredes. De Rosalía Fernández Rial. Edicións Positivas
Traxes na Galiza. Paula Gómez del Valle. Cunca Editora

Tradución

A boca pobre. De Flann O'Brienn. Tradución: Isaac Xubín. Rinoceronte Editora
Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña. Anónimo. Tradución: Henrique Harguindey Banet. Rinoceronte Editora
Cando os nenos din basta! De Francesco Tonucci. Tradución: Mónica Baleirón, Rut Vázquez. Kalandraka Editora
A contrafío. De Joris-Karl Huysmans. Tradución: Isabel Soto. Editorial Hugin e Munin
Laura das Neves e a sociedade literaria dos nove. De Pasi Ilmari Jääskeläinen. Tradución: Tuula Ahola e Tomás González Ahola. Urco Editora
O día da lagosta. De Nathanael West. Irmás Cartoné

Poesía

Cinepoemas. De Claudio Rodríguez Fer. Ouvirmos
Rosa Tántrica. De Luz Pozo Garza . Alvarellos Editora
O cuarto das abellas. De Antía Otero. Edicións Xerais de Galicia
Suicidas. De Fran Cortegoso. Chan da Pólvora
A relixión do mar. De Xosé Iglesias. Instituto de Estudos Miñoráns

Teatro

A filla de Woody Allen. Pequenos actos pseudorrevolucionarios. O Furancho. De Santiago Cortegoso Calvar.Edicións Morgante
Nunca paraíso. Teatro breve 1973-2015. De Manuel Lourenzo. Edicións Xerais de Galicia
As terapias da doutora Ledicia. De Raquel Castro. Editorial Galaxia
Voaxa e Carmín. De Esther F. Carrodeguas. Difusora de Letras, Artes e Ideas
Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada. De Carlos Labraña. Editorial Galaxia

Iniciativa cultural ou de fomento da lectura

Salón do Cómic da Coruña
Ciclo Vermú entre libros (Libraría Paz)
Chan da Pólvora
Espazo Lectura (Gondomar)
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Festigal

Proxecto literario na rede

Brabádegos. Portal de Literatura infantil e xuvenil, de Romina Bal
Poética de Fran Alonso
Os Bolechas
A Sega. Plataforma de Crítica Literaria
Biosbardia. O país dos libros en galego
Caderno da crítica, de Ramón Nicolás

Xornalismo Cultural

Susana Pedreira
Zig-Zag
Ramón Rozas
Ana Romaní
Xiana Arias

 

Gañadores e gañadoras da primeira edición da Gala do Libro Galego © AELG/AGE/FLG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.