Os profesionais do audiovisual denuncian a anulación das axudas ao talento, "a I+D do noso sector"

Gala dos Premios Mestre Mateo de 2010 Dominio Público Praza Pública

A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego, integrada pola Asociación de Actores de Galicia (AAAG), a Asociación de Técnicos (ATEGA), a de Directores (CREA), e a de Guionistas (AGAG) critica a "ausencia dunha política clara" por parte da Xunta e sinala a súa sorpresa porque despois de máis de tres anos de Goberno de Núñez Feijoo siga sen haber dentro da estrutura da Xunta "ningunha figura con experiencia específica en políticas audiovisuais internacionais", o que ao seu xuízo "provocou -e segue a provocar- unha deriva administrativa que dificulta o aproveitamento eficaz dos recursos públicos".

A plataforma considera que a anulación total das axudas ó talento, "a I+D do noso sector", é unha medida "equivocada", pois é a liña de axudas "que, con menor investimento, maiores beneficios xerou no sector".

Así mesmo, a plataforma considera que a anulación total das axudas ó talento, "a I+D do noso sector", é unha medida "equivocada", pois é a liña de axudas "que, con menor investimento, maiores beneficios xerou no sector".

Polo tanto, os 600 traballadores e traballadoras asociadas nas entidades que integran a Plataforma de Profesionais do Audiovisual reclaman "coñecer cal é o futuro organismo que vai asumir esas competencias do audiovisual e a súa posta en marcha inmediata". Así mesmo, demandan "a posta en marcha de plans que poidan suplir a desaparición das axudas a producións en linguas cooficiais, suprimidas polo Goberno central, co conseguinte desastre para Galicia, onde o idioma é piar e razón de ser da existencia dun audiovisual propio".

Demandan "a posta en marcha de plans que poidan suplir a desaparición das axudas a producións en linguas cooficiais, suprimidas polo Goberno central

Ademais, piden que se garanta o papel da TVG como medio público, "pero tamén como motor da industria e do mercado laboral dos profesionais" e solicitan que se cumpran "con rigor" os compromisos e condicións legais nos equipos técnicos e artísticos galegos nas producións e coproducións financiadas por AGADIC. O manifesto asinado polas entidades profesionais conclúe cunha pregunta que lle formulan aos responsables do audiovisual da Xunta de Galixia: "Que plans teñen pensado para reactivar o sector mais alá do discurso non-hai-un-peso?"

Gala dos Premios Mestre Mateo de 2010 Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.