O rugby galego celebrou o seu día grande

Antes do comezo do partido Dominio Público Praza Pública

As seleccións de Rugby de Galicia e Euskadi non defraudaron os amantes e afeccionados ao Rugby. Un público que acudiu fiel á cita desde as 12 do mediodía en Lugo para participar na xornada festiva e deportiva de conmemoración do 30 aniversario da Federación Galega de Rugby. 

Os enfrontamentos dos equipos masculino e feminino de rugby das seleccións de Galicia e Euskadi, que serviu para celebrar os 30 anos do rugby galego, tiveron resultado dispares en encontros moi disputados nos que a deportividade e o bo xogo foron as notas predominantes. Mentres que o equipo feminino galego se impuxo con contundencia ás súas rivais vascas, os do masculino non puideron cos vascos, máis acertados nas súas transformacións a paus. Numeroso público vido de toda Galicia e de Euskadi gozou  dunha xornada perfecta (até na climatoloxía).

A xornada ao redor do rugby en Lugo arrincou ás 12:00 cos enfrontamentos na modalidade de seven (7 contra 7) e que consistiu na disputa de encontros entre as seleccións A e B de ambas as comunidades. A selección galega A impúxose con claridade a Euskadi por 22-0.

Ás 17:00 tivo lugar o prato forte da xornada, coa celebración do partido entre as seleccións absolutas de Galicia e Euskadi na modalidade de 15 contra 15. O encontro foi disputado desde un principio, alternándose ambos os equipos na cabeza do marcador, unha igualdade que se mantivo durante todo o encontro. Todo isto propiciou un moi bo partido, entretido e no que a emoción se mantivo case até o final. O resultado foi Galicia 23- Euskadi 31. O encontro decantouse a favor de Euskadi porque foron máis acertados convertendo as súas transformacións a paus (4 de 4) fronte a Galicia que non conseguiu ningunha (0 de 4).

Antes do comezo do partido Dominio Público Praza Pública
As dúas seleccións femininas Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.