0 Gardados para despois

Humor retranqueiro para a concordia no derbi galego

Miguel PardoMiguel Pardo | @depunteirolo


Humor para rebaixar a tensión. Nada como o sorriso conxunto para diminuír un chisco a esaxerada e mal ententendida paixón coa que algúns seareiros viven o derbi galego de fútbol. Un grupo de alumnos da Facultade de Xornalismo veñen de elaborar un vídeo no que parodian o duelo de rivalidade entre Celta e Deportivo. Cuns modernos Romeo e Julieta como protagonistas e co cancioneiro popular galego como tema de fondo, o colectivo Case Sempre en Galiza intenta "rebaixar a tensión e harmonizar as dúas afeccións"

A Xulieta celtista é protagonizada por un seareiro do Dépor; o Romeo deportivista é socio do Celta

"A idea xurdiu tras unha serie de vídeos que tivemos que facer para unha materia da carreira; con motivo do derbi quixemos facer algo humorístico e retranqueiro coa rivalidade como tema de fondo", conta Manuel Varela, un dos protagonistas do sketch, no que sae caracterizado como muller e celtista. "Eu son afeccionado do Deportivo e home... Foi o papel máis difícil da miña vida", di entre risas, as mesmas que botou co seu compañeiro de reparto, socio celtista da Guarda e que sae caracterizado como o Romeo deportivista. "O obxectivo destes partidos debe ser ese: manter a rivalidade, pero de maneira sá, como amigos e tomando cañas todos xuntos", insiste Manuel, que confía en que algún día Vigo e A Coruña poidan gozar dos derbis "como en Euskadi". 

Case Sempre en Galiza

Un grupo de estudantes da Facultade de Xornalismo de Santiago elaborou un vídeo humorístico con motivo do derbi galego

Case Sempre en Galiza

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.