O Dépor, un ano máis en Primeira

O equipo que o Dépor presentou esta tarde en Barcelona © LFP

Non foi un bo partido do Deportivo. Durante toda a primeira parte e o comezo da segunda os branquiazuis xogaron con máis pasividade e menos nervio do que esixía un partido tan importante. O Barça, sen esforzarse en exceso e con algunha novidade no seu once, marcou por dúas veces, ambos os dous goles obra de Messi. No minuto 60 de partido o Dépor perdía 2-0 e os resultados nos restantes campos tampouco acompañaban, sobre todo en Ipurúa, onde o Eibar derrotaba 3-0 ao Córdoba; Almería e Granada empataban. O Dépor estaba en segunda, pero non ofrecía reacción no campo.

Tiña de marcar dous goles en 30 minutos ante o campión de Liga. No 67 un soberbio disparo de Lucas abría a porta á esperanza. O Barça non apretaba, non se esforzaba, pero tampouco ía regalar o partido; de feito, Fabricio evitou en varias ocasións o terceiro gol culé. A partir de aí os coruñeses amosaron forzas renovadas e comezaron a chegar á portería rival. Primeiro, un disparo á madeira de Lucas anticipou a alegría e, por fin, no 76 Salomão anotaba o empate. O Dépor estaba salvado. Fixera o máis difícil e agora só tiña que manter o marcador, agardando ademais que o Almería non marcase ante o Valencia, un gol que volvería deixar os deportivistas en descenso.

Tiña de marcar dous goles en 30 minutos ante o campión de Liga. No 67 un soberbio disparo de Lucas abría a porta á esperanza

O tempo foi pasando e quen marcou foi o Valencia, asegurando o seu cuarto posto e a clasificación para a Champions League, e condenando o Almería ao descenso, no que acompañaba ao Córdoba e a un meritorio Eibar, cuxa aventura na máxima categoría durou unha soa tempada por mor dunha mala segunda volta. Festa rachada na Coruña, tras unha tempada moi difícil na que, por momentos, a Segunda División estivo moi preto.

 

Gran tempada do Celta

O Celta, pola súa banda, finaliza a Liga na oitava posición, despois de derrotar este sábado ao Espanyol en Balaídos (3-2)

O Celta, pola súa banda, finaliza a Liga na oitava posición, despois de derrotar este sábado ao Espanyol en Balaídos (3-2), con goles de Hugo Mallo, Cabral e Nolito, e mesmo a pesar de xogar con dez case todo o partido. Os celestes quedan a un paso de xogar competicións europeas a vindeira tempada, un sétimo posto que finalmente ocupará o Athlétic de Bilbao. 

 

Vitoria do Rácing de Ferrol

O Rácing de Ferrol ponse con vantaxe na primeira eliminatoria do playoff de ascenso a Segunda División. O equipo verde derrotou o Reus (1-0), con gol de Nano

O Rácing de Ferrol ponse con vantaxe na primeira eliminatoria do playoff de ascenso a Segunda División. O equipo verde derrotou o Reus (1-0), con gol de Nano, nun encontro no que os locais foron superiores, pero acusaron os problemas físicos de varios dos seus xogadores. O Rácing puido marcar algún gol máis pero tamén o seu porteiro, Ian Mackay, evitou por dúas veces as ocasións do club catalán. O domingo que vén xogarase o partido de volta. Se os ferroláns superan esta eliminatoria, terán que gañar aínda a dous equipos máis para acadar o seu desexado regreso á Segunda División.

O equipo que o Dépor presentou esta tarde en Barcelona © LFP

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.