Vingegaard volve exhibirse en Galicia no inicio do 'Gran Camiño' cara ao seu terceiro Tour
Na súa segunda participación no Gran Camiño o actual gañador do Tour de Francia volveu realizar unha demostración de dominio co que levou non só a clasificación xeral, a dos Puntos e a da Montaña, senón tres das catro etapas. Lenny Martínez e Egan Bernal completaron o podio dunha proba na que o vento, o frío e a chuvia marcaron a carreira.