Sara Torreiro

Unha ducia de anuncios machistas

Os anuncios da época do franquismo e posfranquismo eran un avispeiro de tópicos patriarcais, machistas e deningrantes para a muller. Unhas poucas décadas despois, non crean vostedes que avanzamos moito no uso non estereotipado do corpo e o rol social da muller.

  1. 01

    O coñac: remedio aos malos tratos

    Neste anuncio de principios dos 70, unha muller visita a unha pitonisa e explícalle que o seu marido a trata mal (plano de bofetada incluído). A meiga contéstalle que o home chega canso á casa, e ten dereito a un bo recibimento. A solución: unha copa de Soberano.

  2. 02

    Limpa, fixa e dá esplendor

    A Academia da Publicidade quixo homenaxear á Real Academia da Lingua Española. Fixerono, segundo afirmaron, como eles mellor sabían: como un anuncio. Se cadra o formato era o que mellor se lles daba, si, pero o contido deixou bastante que desexar. Boten un ollo...

     

  3. 03

    Relacións bizarras

    Non temos moi claro a relación entre rapazas escarranchadas e lentes. Os publicistas de multiópticas deberon vela clara. Iso si, xa lles custou algún desgusto...

     

  4. 04

    AXE e a súa fin do mundo

    Así narra a famosa marca de desodorantes a fin do mundo e as parellas (neste caso só da especie humana, máis en concreto mulleres da especie humana) que chegan á Arca de Noé

  5. 05

    Nenas?

    A campaña de Cadeaux de Vogue levantou moita polémica pola súa hipersexualización das cativas. En actitudes presuntamente eróticas, tacóns e con vestidos de adultas, este foi o resultado.

  6. 06

    Guapas sempre

    Un centro de beleza de Canadá, Fluid Hair Salon dilles ás mulleres que deben estar guapas en todo o que fagan, mesmo cando son maltratadas.

  7. 07

    Desigual

    As campañas de Desigual sempre son moi comentadas. Unha das últimas foi co gaio do día da nai. O spot mostra á muller como un ser malévolo e manipulador. Tantas críticas levantou que a marca decidiu suprimir o momento no que a modelo pincha un preservativo.

     

  8. 08

    Censurado

    Australia prohibiu este anuncio de Calvin Klein por violencia sexual explícita.

  9. 09

    Coches e mulleres

    Pois iso, que o protagonista vai conducir o seu coche, ou a súa muller ou... 

  10. 10

    O igualismo

    Este anuncio arxentino de cervexa Quilmes equipara machismo e feminismo.

  11. 11

    Amaia Salamanca e a menstruación

    A característica fundamental que a actriz resalta do tampón que está anunciando é a que lle explica a un dos protagonistas homes do anuncio: Así, ti non notas nada.

  12. 12

    Por se che apetece comer

    O certo é que aos publicistas non se lles puido ocorrer un anuncio máis simple e burdo...