Sara Torreiro

Unha ducia de corralitos

O tan temido corralito é unha medida de control de capitais que busca evitar a súa saída masiva dos bancos para evitar unha quebra. Case sempre foron profecías cumplidas, pois unha vez que os analistas alertaban da posibilidade a xente agolpábase nos caixeiros para sacar os seus aforros e iso remataba empurrando ás autoridades a pechar o grifo. Como fenómeno moderno, apareceu en Arxentina no 2001, co goberno de Fernando de la Rúa. Imos ver algúns dos precursores do corralito grego e tamén algunhas medidas de control de capitais máis antigas...

  1. 01

    O Plan Brasil Nuevo

    No 1990 o Plan Brasil Nuevo conxelou durante 18 meses todo tipo de depósitos bancarios. Daquela o Banco Central calculara que os cartos bloqueados ascendían a 85.000 millóns de dólares, que era o equivalente a 9,4 billóns das antigas pesetas, e representaba nada máis e nada menos que o 30% do produto interior bruto de Brasil.

  2. 02

    Ecuador tampouco librou...

    No 1999 Ecuador tamén tivo un corralito. A conxelación durou medio ano e despois o goberno de Ecuador hizo lo Jamil Mahuad eentregou aos aforradores certificados de reprogramación dos depósitos, o que implicou fortes perdas para eles. Ecuador también devaliou e suspendeu pagos aquel ano. El vermello que deixou a crise bancaria equivaleu ao 25% del PIB.

  3. 03

    O pai de todos os corralitos

    No 2001 os inversores máis enterados de Arxentina quitaron do país 14.976 millóns de dólares. O temor a unha conxelación dos aforros, cun precedente no 1989, levou a que o entón Goberno de Fernando de la Rúa intentara despexar medos co impulso da chamada lei de intanxibilidade dos depósitos. Que así dito, eufemísticamente, soa moi ben, pero o resultado foi 66.000 millóns de dólares atrapados no corralito. Os aforradores só podían sacar do banco 250 dólares por semana. Por certo, foi o xornalista, Antonio Laje, quen acuñou durante a crise arxentina o termo corralito.

  4. 04

    Cando as barbas do teu veciño...

    Os bancos de Uruguai adoitaban beneficiarse coas crises financieiras de Arxentina. Os aforradores do país veciño mudaban os seus dólares á outra beira do Río da Prata para protexerse. Pero, por uns factores adversos, Uruguai, contaxiouse da debacle arxentina no 2002 e conxelou os dólares a prazo en bancos públicos durante 36 meses (nada menos que tres anos). O colapso bancario reportoulle perdas do tamaño do 27% do PIB. Ademais Uruguai tamén depreciou a súa moeda.

  5. 05

    Islandia, o corralito exitoso

    A illa impuxo medidas de control de cambio en 2008, tardou case 7 anos en levantalas pero valeu a pena porque a economía islandesa medra a todo tren e saneou o seu sistema financiero.

  6. 06

    Chipre, un susto

    O penúltimo corralito europeo foi o de Chipre. A retirada de efectivo nos caixeiros empezou con 100 euros e elevouse a 300 euros. Tamén se impuxeron limitacións aos movementos de capital. Estas medidas efectuáronse despois de que Chipre e o Eurogrupo chegaran a un acordo para a recepción de 10.000 millóns en forma de rescate a cambio de perdas para os depositantes, incluidos depósitos garantidos de ata 100.000 euros.

  7. 07

    O tira e afrouxa grego

    As negociacións (ou mellor dito non-negociacións) entre Tsipras e o eurogrupo remataron co corralito en grecia. Foi a única solución ante insuficiente liña de liquidez do BCE para atender a demanda de efectivo e movemento de capitais. Queda por ver que pasará e canto durará.

  8. 08

    Control de capital e xudeus

    No 1931 o sistema bancario dista de como o coñecemos agora pero en Alemaña, no 1931, o chanceler Brüning limitou a saída de capitais por parte dos residentes máis ricos. Tras o ascenso do nazismo ao poder en 1933, o imposto comezou a recadar ingresos considerables con respecto á comunidade xudea.

  9. 09

    Control de capital como programa de recuperación

    No 1998, Malaisia foi o primeiro país asiático afectado pola crise económica que anunciou control selectivo de capitais como parte del comienzo de un programa de recuperación. As medidas tiñan como obxectivo reducir a especulación e baixar o impacto do caos financieiro internacional.

  10. 10

    Bretton Woods, o control de capital global

    Ao final da Segunda Guerra Mundial, o capital internacional estaba engaiolado pola imposición de fortes controis de capital de gran alcance, como parte do, recién estreado, sistema de Bretton Woods. A percepción desta arquitectura económica era que axudaría a protexer os intereses da xente común e a economía en xeral. Estas medidas foron moi populares na súa época para o público occidental, que tiña baixa simpatía polos banqueiros internacionais, aos que culpaban da Gran Depresión. 

  11. 11

    Os rusos, informales

    A popularidade de Vladimir Putin baseouse na estabilidade financieira e a prosperidade e na súa promesa de non recurrir a controis de capital. Porén, no 2014, o desplome do rublo obrigouno a tomar medidas para facer unha versión informal, ou light dos controis. 

  12. 12

    E para corralito... o galego

    Só que no noso caso non foi o goberno quen quedou cos nosos aforros (guiño, guiño). Vostedes xa saben a que corralito me refiro...