David Lombao

Unha ducia de artigos de calidade da Wikipedia en galego

Este 15 de xaneiro a Wikipedia fixo 15 anos. Dende hai 12 anos a versión en galego desta enciclopedia colaborativa non deixa de medrar e xa conta con máis de 125.000 artigos entre os que medio cento xa son oficialmente considerados artigos de calidade polo seu rigor, precisión e claridade, entre outros criterios. Estes son algúns deles.

  1. 01

    Arte: Angkor Wat

    O artigo sobre esta "cidade templo" de Cambodja, considerando o meirande sitio relixioso do mundo, debulla a súa historia, as características da súa arquitectura e mesmo as aparicións destes lugar en diversos filmes.

  2. 03

    Biografías: J.R.R. Tolkien

    John Ronald Reuel Tolkien, considerado autor fundamental da literatura fantástica moderna, naceu en 1892 no Estado Libre de Orange, territorio da actual Sudáfrica. O artigo repasa a súa traxectoria persoal, as súas ideas políticas e relixiosas e, sobre todo, as súas obras como O Hobbit ou O señor dos aneis

  3. 04

    Bioloxía e medicina: Centola

    A centola é un dos crustáceos máis gorentosos da gastronomía galega, pero tamén un cangrexo migratorio que habita nas costas do Atlántico oriental e mais do Mediterráneo. A Galipedia explica os seus nomes populares, a súa anatomía e mesmo como distinguila dunha centola francesa.

  4. 05

    Cultura e sociedade: The Beatles

    A aclamada banda musical dos anos 60 e 70 do pasado século ten tamén un posto destacado na Wikipedia en galego, con espazo para as traxectorias biográficas dos seus membros, análise do seu estilo musical e explicación polo miúdo de todos os seus traballos discográficos.

  5. 06

    Deportes e lecer: Club Baloncesto Breogán

    Quen, no 50º aniversario da entidade, queira coñecer polo miúdo a historia do club lucense, ten na Wikipedia en galego amplos contidos para facelo, incluíndo os seus xogadores máis destacados, o seu palmarés e un amplo catálogo de ligazóns.

  6. 07

    Galicia: Prestige

    O petroleiro que afundiu fronte ás costas galegas en 2002 era un buque monocasco construído no Xapón en 1976. O artigo da Wikipedia detalla a súa carga, ofrece unha cronoloxía do accidente e das súas consecuencias e lembra a ampla mobilización social que provocou a catástrofe.

  7. 08

    Historia: Alzamento de Pascua

    No ámbito histórico trátase en profundidade o intento dos republicanos Irlandeses que, hai agora 100 anos, se sublevaron contra o dominio británico.

  8. 10

    Política e Goberno: Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936

    O estatuto aprobado hai oitenta anos, base da actual condición de Galicia como nacionalidade histórica, tivo o seu impulso na asemblea de Concellos de 1932 e nel o impulso do Partido Galeguista foi fundamental. A Galipedia debulla os proxectos de Estatuto, o seu desenvolvemento e os persoeiros que participaron no proceso.

  9. 11

    Xeografía: Portugal

    O artigo da Wikipedia pode ser un bo espazo para saber máis do país veciño, a súa historia, xeografía, economía, política ou cultura. E mesmo para escoitar o seu himno.

  10. 12

    Listas: Cronoloxía do descubrimento dos planetas e dos seus satélites naturais

    Un detallado percorrido polos momentos históricos en que foron descubertos os planetas do sistema solar