Miguel Pardo

Unha ducia de claves do Brexit

Máis de 17 millóns de británicos impuxéronse aos poucos máis de 16 que querían seguir formando parte da UE. O Brexit venceu tras ser a opción maioritaria coa súa vitoria en 263 distritos británicos. Os partidarios do Remain só gañaron en 119. O Reino Unido deixa a UE. Velaquí uns datos claves do histórico referendo. 

  1. 01

    48,11% fronte ao 51,89%

    Cunha participación de case o 72%, a opción de abandonar a UE impúxose no Reino Unido por unha estreita marxe. Máis de 30 millóns de británicos votaron: 17.410.742 pola saída, 51,89%, e 16.141.241 pola permanencia, 48,11%. A participación nesta consulta foi a maior no UK desde as eleccións xerais de 1992. 

  2. 02

    Inglaterra e Gales apostan claramente polo Brexit...

    Inglaterra votou con claridade pola saída da UE. Cunha participación do 73% do censo, o 53,4% inclinouse polo Brexit, fronte ao 46,6% que o fixo pola permanencia. En Gales, o apoio á marcha da Unión Europea tamén foi maioritario. Participou o 71,7% e o 52,5% optou por liscar fronte ao 47,7% que prefería quedar. 

  3. 03

    ... Escocia e Irlanda do Norte apostan por quedar

    O referendo amosa un Reino Unido completamente dividido. Irlanda do Norte e Escocia votaron maioritariamente a favor da permanencia, con localidades especialmente favorables como Edimburgo, cun 74% a favor. En territorio escocés, o Remain venceu co 62% dos votos fronte ao 38% que optou por abandonar a UE. En Irlanda do Norte, a permanencia gañou co 55,8% dos sufraxios, fronte ao 44,2% que optou por marchar. 

  4. 04

    Apoio masivo á permanencia en Londres

    A cosmopolita capital do Reino Unido votou con claridade a favor da permanencia na UE. Case o 60% dos participantes no referendo optaron polo Remain (2.263.519) fronte ao 40% que optou polo Brexit (1.513.232). A participación foi do 69.7%. 

  5. 05

    Voto dividido nas grandes cidades

    En sete das dez principais cidades do Reino Unido gañou a permanencia, aínda que a maior ou menor claridade do resultado varía moito segundo a urbe. En Birmingham, o Brexit gañou co 50,4% dos votos, mentres que en Leeds, o Remain venceu co 50,3%. En Glasgow, o apoio á permanencia foi semellante ao que se deu no conxunto de Escocia (66,6%), mentres que en Liverpool e Manchester, o Remain tamén gañou con arredor do 60% do apoio. 

  6. 06

    O contundente 'si' á UE en Xibraltar

    Se houbo un lugar onde o apoio á permanencia na UE foi masivo ese é Xibraltar. O 95,1% da poboación votou non ao Brexit, cun total de 19.322 sufraxios polo Remain fronte os 823 votos a favor de abandonar a Unión Europea (4%). O interese dos habitantes do peñón fixo que o 83,5% do censo participase no referendo. 

  7. 07

    Os anciáns, polo Brexit; os novos, polo Remain

    Os que máis van surir as consecuencias do Brexit son aqueles que optaron por quedar. Así o aseguran diversas análises sobre os votos e as franxas de idade. O 64% dos votantes de entre 18 e 24 anos optou pola permanencia, ao igual que o 45% de entre os 25 e os 49 anos. Case o 60% dos maiores de 65 anos optou por marchar da UE

  8. 08

    Maior nivel de estudos, maior apoio á permanencia

    Segundo as enquisas realizadas por YouGov no mesmo día do referendo, o apoio á permanencia na UE é moito maior canto maior nivel de estudos teñen os votantes, mentres que a aposta polo Brexit é maioritario na xente sen carreira universitaria. Máis do 70% das persoas con diploma universitario votaron polo Remaink, ao igual que o 52% con estudos superiores e o 54% con Secundaria superior. Entre os que posúen o título de Secundaria básica, o 66% apoiou a marcha da Unión Europea. 

  9. 09

    Laboristas e liberais polo 'in'; conservadores e UKIP polo 'out'

    As enquisas relacionan tamén con claridade a opción dos votantes de cada un dos partidos. O 57% dos conservadores apostan pola marcha da UE, mentres que o 69% dos laboristas e o 73% dos liberal-demócratas apoian permanecer. Entre os votantes da ultradereita do UKIP, o 93% desexa o Brexit. 

  10. 10

    As casas de apostas erraron

    As enquisas das últimas semanas apostaban polo Brexit cunha lixeira vantaxe que, sobre todo tras o asasinato da deputada Jo Cox, virou cara a opción da permanencia. Malia todo, o erro estivo nas casas de apostas, que desde o primeiro momento tiveron no Remain a súa cota máis baixa e, xa que logo, a máis probable. 

  11. 11

    O Ibex sofre a maior caída da súa historia

    A economía sufriu as primeiras damnificadas logo de coñecerse o resultado do referendo. A libra e a bolsa londiniense caeron, pero o golpe traspasou as fronteiras e notouse en toda Europa. O Ibex-35, en España, caeu máis dun 12% na que foi a peor sesión da súa historia, mentres que o parqué de Londres, finalmente, sufriu unha baixada do 3,15%

  12. 12

    A prima de risco dispárase aos 174 puntos

    A prima de risco española, o diferencial do bono estastal a 10 anos co alemán, cheoguse a situar este venres en 174 puntos básicos, un nivel que non alcanzaba desde maio de 2014 e un 20% por riba de onde pechou o xoves. Na súa apertura, a Bolsa de Fránkfurt caera un 10% impactada polo Brexit.