Praza Pública

Unha ducia de citas para o 25 de xullo

Este luns celébrase o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia. Santiago de Compostela acolle a maior parte de actos lúdicos, culturais e políticos dunha xornada inzada de celebracións en todo o país.

  1. 01

    Romaría dos libros

    A praza de Mazarelos acolle o 24 e 25 de xullo a Romaría dos Libros de Compostela Literaria, na que participan 15 entidades do sector do libro de Compostela e comarca

  2. 02

    Festigal

    Unha das citas xa tradicionais para o 24 e 25 de xullo en Compostela é o Festigal, que coma todos os anos se celebra no Campus Sur

  3. 03

    Actos institucionais

    Ademais da tradicional Ofrenda relixiosa na Catedral, que este ano será realizada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, en nome do rei Felipe VI, hai que salientar a entrega das Medalla de Ouro de Galicia (a Manuel Gallego Jorreto, Francisco Leiro Lois, Basilio Losada Castro e a Los Suaves), que terá lugar o domingo 24.

  4. 04

    Festas en Compostela

    Non hai que esquecer que Compostela está en plenas festas. Na noite do 24 ten lugar no Obradoiro o tradicional espectáculo de fogos artificiais. O 25 pola noite a Quintana acolle un concerto gratuíto de Samesugas e Ruxe-Ruxe, dúas bandas da cidade con vinte anos de traxectoria en cada caso.

  5. 05

    O 25 de xullo, puntogal

    Puntogal lanza un 'Documento Galego de Identidade na rede' para o 25 de xullo. Os e as usuarias da web da asociación poderán personalizalo, descargalo e compartilo nas redes sociais. Ademais, como parte da campaña, os dominios .gal ofreceranse a menos de 20 euros (máis IVE)

  6. 06

    Manifestación do BNG

    Tamén é tradicional a manifestación convocada polo BNG, con saída da Alameda ás 12 horas e remate na praza da Quintana, pechando o acto o discurso da portavoz nacional da formación, Ana Pontón. Ademais, o 24 de xullo ás 20 horas cinco organizacións xuvenís, entre elas Galiza Nova, levarán a cabo outra manifestación, baixo o lema Galiza somos nós

  7. 07

    Acto de Anova

    Anova-IN celebrará o seu acto político, con posterior convivio e festa, no Parque de Galeras de Compostela. O acto político comezará ás 13:00 horas e estará centrado na homenaxe ás Irmandades da Fala no seu centenario.

  8. 08

    Acto de CxG

    Os actos organizados por Compromiso por Galicia no 25 de xullo desenvolveranse no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela. Ás 13:30h terá lugar un acto político no que se presentarán os cabezas de lista da formación polas catro provincias galegas. Ás 14:30h terá lugar un xantar de confraternidade, e a partir das cinco da tarde haberá distintas actuacións musicais.

  9. 09

    Acto do PSdeG-PSOE en Rianxo

    O PSdeG-PSOE celebra o 25 de xullo cunha ofrenda floral ante o busto de Castelao en Rianxo.

  10. 10

    Outros Santiago, por exemplo en Padrón

    Hai moitos Santiagos en Galicia, ademais do de Compostela. Polo tanto, o 25 de xullo celébranse numerosas festas en todo o país. Por exemplo, a romaría de Santiaguiño do Monte, en Padrón.

  11. 11

    Regueifas no Festigal

    Entre a variada programación do Festigal para o 25, podemos destacar a mostra mundial de regueifas que se realizará a partir das 17 horas, coa participación dos regueifeiros Josinho da Teixeira e Bieito Lobariñas

  12. 12

    De praia

    O 25 de xullo fará, en principio, día de praia, sobre todo no centro e no sur do país. De seguro que moitos e moitas aproveitarán o festivo para achegarse aos areais, a goar dun descanso ben merecido.