Praza Pública

Unha ducia de accións contra a violencia machista

Este 25 de novembro foron múltiples os chamados e reivindicacións contra a violencia machista. Movementos feministas, entidades sociais e institucións públicas lanzaron este venres e nas xornadas previas, con accións coma estas, unha apelación a que o rexeitamento ás agresións de xénero non fique só nun día ao ano.

  1. 01

    O Obradoiro, en negro

    Unha das imaxes máis icónicas da xornada foi a formada na compostelá Praza do Obradoiro, onde o acto institucional do Concello santiagués finalizou con 450 persoas a formar o símbolo da campaña En Negro contra a Violencia

  2. 02

    Certame feminista no IES de Arzúa

    O IES de Arzúa, referencia en proxectos educativos a prol da igualdade, culminou este 25 de novembro o seu primeiro Certame Feminista coa lectura do manifesto gañador, redactado por unha alumna do centro.

  3. 03

    A Muralla de Lugo, tamén en negro

    Un dos actos centrais da campaña En negro contra a violencia na cidade de Lugo trasladouse ao adarve da Muralla romana, nun acto no que participaron diferentes colectivos do municipio.

  4. 04

    A "árbore dos desexos" na Coruña

    A Deputación da Coruña instalou na súa sede unha árbore para simbolizar a "visibilización" da loita contra a violencia de xénero

  5. 05

    Contra todas as violencias

    A Marcha Mundial das Mulleres subliñou, co gallo do 25N, que a violencia machista "non ten idade" e que se manifesta de xeitos moi diversos. Así o amosou, por exemplo, nesta acción de rúa na Coruña

  6. 06

    Reivindicación da loita feminista

    O Colectivo Feminista de Pontevedra rematou as súas mobilizacións do 25N cunha acción de rúa

  7. 07

    O impacto do #PrimAcoso

    O Concello de Pontevedra resumiu o gran impacto da campaña #PrimAcoso nun vídeo que reflicte os testemuños lanzados por un amplo número de mulleres e as súas repercursións nas redes sociais

  8. 08

    Relato liberado

    A editorial xerais decidiu liberar o relato 'A esencia da cidade', de María Reimóndez, co obxectivo de axudar "a reflexionar, a comprender e a cambiar" actitudes a respecto da violencia machista, coa vista posta especialmente nos centros de ensino. Pódese descargar libremente nesta ligazón.

  9. 09

    Concentracións institucionais

    Foron moitas as institucións públicas que acolleron concentracións contra a violencia de xénero. Na imaxe, a do Concello da Coruña

  10. 10

    Novas e poemas contra o machismo

    No IES Félix Muriel, en Rianxo, alumnado e docentes reflexionaron en torno á violencia e ao machismo con materiais como novas da prensa ou poemas.

  11. 11

    Vigo en lila

    A contorna de Urzáiz volveuse tinguir de lila das mans de escolares de Vigo para rexeitaren a violencia de xénero

  12. 12

    A Marcha Mundial das Mulleres, na rúa

    A Marcha Mundial das Mulleres rematou a xornada de mobilizacións con accións de rúa como a da imaxe, en Ourense