Unha ducia de Imprescindibles na 35ª Feira do Viño de Chantada
En 1983 a Ribeira Sacra comezaba a dar os seus primeiros pasos como referente no mundo do viño tal e como é coñecido actualmente. Naquel ano o sector vitivinícola da contorna de Chantada impulsou a súa primeira Feira do Viño, con don Antonio Fraguas como primeiro pregoeiro. Tres décadas e media despois a feira chantadina e toda unha referencia no sector, pero tamén unha das primeiras citas do calendario festivo do país. Velaquí os imprescindibles no programa da feira do 2017: 16 adegas e algunha cita máis.
-
01
Adegas Lareu e Roberto Regal
-
02
Adegas Quinta de Albarado e Vía Romana
-
03
Calexotes e Amedo
-
04
Terras de Bendaña e Condado de Sequeiras
-
05
Adegas Viña Garoña e Albarduxe
-
06
Cabo do Mundo e Pilares de Belesar
-
07
Adega de Cabanas e Adega Esther Teijeiro
-
08
Adega Instinto Romano e Adega Os Cipreses
-
09
O grupo de zanfonas da Tradescola de Lugo
Animarán a feira o sábado ás 11:00 e ás 17:00
-
10
Banda municipal de Chantada
A banda municipal de Chantada e mais a banda de gaitas da vila tamén lle porán música á feira. A cita coa banda municipal é o sábado ás 13:00 e coa banda de gaitas, o domingo ás 12:30.
-
11
O espazo infantil
A rapaza tamén ten o seu espazo na feira, en quendas de mañá e tarde, na Casa da Música da vila
-
12
Os Festicultores
Cultivan a festa por todo o país e tamén na feira do viño chantadina. Farano o sábado durante a tarde, a partir das 17:00.