Praza Pública

Unha ducia de igrexas galegas

Nestes días a relixión católica cobra protagonismo, e tamén as igrexas. En Galicia temos moitas e ben xeitosas. Por suposto as cinco catedrais (Santiago, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui), pero mirando máis alá delas atopamos en moitas comarcas galegas fermosos exemplos que fan que pague a pena unha visita. Estas son apenas 12. Cales engadiríades?

  1. 01

    Igrexa de Santa María (Baiona)

    De aspecto fortificado e estilo oxival románico, a Igrexa de Santa María de Baiona construíuse no século XIII e foi considerada Colexiata desde 1482 a 1850. A nave principal lembra o estilo cisterciense do mosteiro de Santa María de Oia. En 1841 trasladáronse ao atrio varios cruceiros de distintos estilos dispersos polas rúas da vila.

  2. 02

    Colexiata do Sar (Santiago de Compostela)

    Foi fundado por Munio Afonso, bispo dimisionario da diocese de Mondoñedo e antigo colaborador de Diego Xelmírez, quen rematou a obra trala morte de Munio en 1136. Foi creado como mosteiro da regra de Santo Agostiño e debía servir de lugar no que os vellos cóengos puidesen retirarse.

  3. 03

    Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos)

    É o mosteiro máis antigo de Galicia, ademais de ser un singular exemplo de igrexa rupestre, escavada na rocha viva. A súa orixe remóntase ao século VI, do que dá testemuña unha lápida do ano 573 cunha inscrición na que figuran os nomes dalgúns dos monxes fundadores

  4. 04

    Basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz)

    Está considerada como a catedral máis antiga de España, xa que no século IX foi sé de dous bispados do Reino de Galicia, un trasladado desde Dumio, no distrito de Braga, e outro trasladado desde Bretoña, na provincia de Lugo. O edificio actual é románico de finais do século XI e os recios contrafortes son obra do século XVIII

  5. 05

    Mosteiro de Santa Cristina (Parada de Sil)

    Atópase no souto de Merilán, na aba do monte Varona. As primeiras mencións están documentadas cara a finais do século X, malia que non se conservan restos arquitectónicos ou epigráficos do edificio orixinal prerrománico. Como noutros centros monásticos fundados ao abeiro das ribeiras do curso final do río Sil, posiblemente foi inicialmente unha ermida, transformándose posteriormente nun cenobio.

  6. 06

    Igrexa de San Martín (Noia)

    Trátase dunha igrexa consagrada en 1434 de estilo oxival. Ten unha soa nave e ábsida octogonal, o pórtico é unha imitación do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. Foi construída por iniciativa do arcebispo de Santiago Lope de Mendoza, cuxo escudo se exhibe no tímpano da entrada

  7. 07

    Colexiata de Santa María do Campo (A Coruña)

    Tamén foi coñecida cos apelativos do Mar e do Portal, foi declarada Ben de Interese Cultural o 3 de xuño de 1931. Chámaselle "do Campo" porque primitivamente estaba fóra dos muros da cidade. Desde moi antigo foi igrexa dos gremios do mar e do comercio

  8. 08

    Igrexa de Santa Comba de Bande

    Santa Comba de Bande é unha pequena igrexa construída durante segunda metade do século VII no estilo arquitectónico visigodo vixente no suroeste da Europa nesta época. E a única igrexa deste período que se conserva na súa integridade. Recibiu a distinción de Monumento Nacional en 1921

  9. 09

    Igrexa de San Bartolomé (Pontevedra)

    O templo de San Bartolomé é un dos poucos exemplares que temos en Galicia do barroco italiano. Construído polos jesuítas entre 1695 e 1714, foi a igrexa do colexio que as xesuítas posuíron na cidade entre 1650 e 1767, ano da súa expulsión de España.

  10. 10

    Igrexa de San Salvador de Vilar de Donas (Palas de Rei)

    Foi declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1931. Orixinariamente foi unha igrexa monástica. A fundación do mosteiro atribúeo a tradición a unhas donas (representadas nas pinturas góticas da capela maior), co que se explicaría o topónimo. En realidade, o seu fundador foi Arias Pérez de Monterroso, a mediados do século XII.

  11. 11

    Santuario de Nosa Señora das Ermidas (O Bolo)

    Edificada entre 1713 e 1726, a súa arquitectura resalta ao asentarse no reborde dunha rochosa e empinada montaña. Atópase nunha profunda garganta do río Bibei, nun emprazamento privilexiado pola beleza da súa paisaxe.

  12. 12

    Igrexa de San Telmo (Tui)

    A Igrexa de San Telmo está considerada un exemplar único do estilo Barroco portugués en Galicia, e localízase nas proximidades da Catedral no centro histórico de Tui.