Praza Pública

Unha ducia de chefs e un mundo de sabores a descubrir no Portamérica

O festival Portamérica trae consigo unha morea de músicas, moitas delas chegadas a Galicia da outra beira do Atlántico. Pero a cita dos vindeiros 13, 14 e 15 de xullo é tamén con todo un mundo de sabores no seu ShowRocking, ata 30 chefs cunha ampla representación galega e Pepe Solla ao temón dunha nave de petiscos gourmet a prezos populares na que se contan 10 Estrelas Michelín e 20 Soles Repsol.

Contido patrocinado

  1. 01

    Diego Guerrero (Dstage, Madrid)

    2 Estrelas Michelin

    DSTAgE, que supuxo unha evolución na súa carreira profesional, achégase máis a unha concepción persoal dun restaurante de alta cociña contemporánea onde o verdadeiro luxo reside na proximidade a e a naturalidade. En 2016 publicou o seu primeiro libro, 'Irreductible', no que narra o proceso evolutivo e creativo que o levou a crear un proxecto como DSTAgE.

    Diego posúe 2 Estrelas Michelin e 2 Soles, e acábase de incorporar ao padroado do Basque Culinary Center. É a primeira incorporación desde a composición do órgano.

  2. 02

    Pepe Solla (Casa Solla, Poio)

    1 Estrela Michelin. Comisario do ShowRocking

    Membro fundador do grupo NOVE e posuidor dunha Estrela Michelin e tres soles de Repsol. A solidez alcanzada en tan pouco tempo na cociña só é explicable por dúas razóns: porque o leva no sangue e porque busca o perfeccionismo en cada detalle. Elabora pratos que teñen como punto de partida os produtos e o receitario de Galicia, chegando a dar forma a unha cociña innovadora e imaxinativa. A súa cociña queda co esencial, buscando claridade e sen obedecer á tendencia do minimalismo tan en boga actualmente. Así, ofrece como resultado acabados realmente maxistrais.

  3. 03

    Javier Olleros (Culler de Pau, O Grove)

    1 Estrela Michelin

    Estudou Cociña na Escola Pública de Hostalaría de Santiago de Compostela. Javi Olleros pertence a unha familia de tradición hostaleira, herdando o oficio do seu pai e o bo facer da súa nai. Estivo en Casa Solla, en Toñi Vicente, con Arola en La Broche (Madrid), con Martín Berasategui, en Bica do Sapato (Lisboa), Balzac (Madrid), Zallo Barri (Gernika), e acabando os seus stages no mundo de Seiji Yamamoto (Tokio).  Levaba catro anos tentando facer algo, ata que montou o seu propio Restaurante: Culler de Pau, nomeado como Restaurante Revelación - Madrid Fusión 2010 e gañando unha Estrela Michelin e dous soles Repsol.

  4. 04

    Xoán Crujeiras (Bido, Cambre)

    1 Estrella Michelin

    Tras estudar Hostalaría en Santiago case por casualidade deu en afeccionarse á profesión ata chegar a exercer en diversos restaurantes ao rematar os seus estudos. Antes de abrir Bido, emprendeu o seu primeiro proxecto, La Estación, co que gañou a Estrela Michelín que posúe. A súa cociña e a do seu restaurante actual, Bido, relaciónanse cos produtos do mar, peixes, plantas e mariscos, sendo estes os grandes protagonistas.

  5. 05

    Yayo Daporta (Yayo Daporta, Cambados)

    1 estrella Michelin

    Posuidor dunha Estrela Michelin e dous Soles, a afección culinaria de Yayo Daporta vén de moi atrás. Tras estudar na Escola de Hostelería en Santiago tivo a oportunidade de traballar en Casa Solla, que espertou nel a curiosidade pola cociña de vangarda e onde lle chegou a verdadeira vocación. A partir de aí pasou por outros grandes restaurantes onde aprendeu a tratar os produtos cunha coidada perfección técnica. Basea a súa cociña no bo gusto e o sentido común.

  6. 06

    Iván Domínguez (Alborada, A Coruña)

    1 estrella Michelin

    Se algo distingue a Iván Domínguez, ademais da súa proximidade á lonxa e á horta, é a procura da harmonización de sabores e a xusta elaboración dos produtos para que cheguen "vivos" pero engrandecidos á mesa. Estes son os sinais de identidade do que el denomina Cociña Atlántica, máis irmandada coa cociña do norte de Europa que coa mediterránea. Trátase dunha cociña contemporánea, atenta ás novas técnicas, pero postas estas a disposición da despensa que ofrecen a terra e o mar galegos. Cunha Estrela Michelin e dous Soles, confía na creatividade como aliada para gañar unha clientela cada vez máis esixente e entendida.

  7. 07

    Julio Sotomayor e Dani Guzmán (Nova, Ourense)

    1 Estrela Michelin

    Explicar a carreira destes dous cociñeiros ourensáns por separado sería completamente imposible, xa que son curmáns e tamén amigos dende pequenos. Coincidiron nos seus estudos, distanciáronse cando chegou o momento de entrar no oficio, e foi seis anos despois cando decidiron dar vida a un novo proxecto: Nova, que ambos dirixen en Ourense desde 2012. Nel renden homenaxe a todas as persoas que, dun modo ou outro, contribuíron a convertelos en cociñeiros e, sobre todo, a espertar ese gusto pola cociña de calidade e o traballo ben realizado, co que lograron unha Estrela Michelín e un Sol de Repsol.

  8. 08

    Roberto Ruíz (Punto MX, Madrid)

    1 Estrela Michelin

    Primeiro establecemento de cociña mexicana con estrela Michelin en Europa e primeiro en recibir dous soles Repsol. Combina as súas raíces mexicanas con cociña de vangarda e a calidade das materias primas españolas. Demostra que a fusión entre os ingredientes aztecas e a esencia mediterránea dá como resultado algo exquisito.

  9. 09

    Macarena de Castro (Jardín, Mallorca)

    1 Estrela Michelín

    Alcumada como La Mallorquina, Maca leva as rendas do restaurante Jardín apoiada polo seu irmán, Daniel de Castro. A diversidade da súa oferta gastronómica fai que cheguen a todo tipo de comensais: desde o gourmet máis exclusivo, que busca as sensacións da cociña de autor, ata o público familiar, casual e cotián. Posuidora dunha Estrela Michelín e ous Soles de Repsol.

  10. 10

    Begoña Rodrigo (La Salita, Valencia)

    Valenciana de corazón e estudante de enxeñaría industrial durante a súa mocidade, percorreu varias cidades europeas empapándose da súa cultura e a súa cociña. De volta en España, abriu o seu restaurante La Salina. Gañadora do programa Top Chef en 2013, nomeada mellor cociñeira da Comunitat Valenciana en 2014 e gañadora dun sol Repsol. En 2016 abre o seu segundo restaurante: Nómada, e o seu libro El sabor de la elegancia foi elixido mellor libro do mundo na categoría chefs femininas dos Gourmand Awards 2017.

  11. 11

    Édgar Núñez (Sud777, México DF)

    Director, Copropietario e Chef Executivo de Sud777, é un dos integrantes do grupo de mozos mexicanos máis sobresaíntes do país. A súa cociña non é perfecta, é expresiva, avanzada, aliméntase do traballo, a procura e a investigación, e consegue resultados notables a través dunha elaboración que reflicte a busca constante da simplicidade e a solidez das súas ligazóns co universo vexetal. O seu restaurante atópase entre os 100 mellores do mundo.

  12. 12

    Estanis Carenzo (Chifa, Madrid)

    Desenvolveu a súa faceta como chef tras formarse en cidades como Tokio, Nova York e París, onde viviu nas zonas asiáticas destas cidades, empapándose das técnicas da súa cociña, dos seus ingredientes exóticos e da mestura internacional do seu público. Fusionando os sabores inconfundibles de Asia e América, o comedor Chifa de Madrid supérase día a día,  reiventando os pratos típicos de Oriente, achegando en todo momento o seu particular toque de creatividade. Ofrecen unha cociña que usa moita base asiática pero moi persoal e viaxeira, moi de sensacións, e grazas a ela recibiu un sol Repsol.