0 Gardados para despois

David Reinero

Unha ducia de lembranzas do verán de Cortázar en Galicia hai 60 anos

No verán de 1957, hai agora 60 anos, Julio Cortázar pasou tres semanas de vacacións en Galicia coa súa muller, Aurora Bernárdez, filla de galegos. Repasamos unha ducia de fotos daquelas vacacións, que integran o fondo documental que en 2005 Bernárdez cedeu á Xunta e que está depositado no CGAI.

  • “Pinares en Lourido. El olor de los pinos era maravilloso. Yo tengo la boca abierta para avisarle a Aurora que saque la foto antes de que yo quede desenfocado”. O propio Cortázar comenta as fotos con anotacións no seu reverso ou en cartas que envía a amigos desde a praia de Lourido, en Nigrán, hoxe coñecida como Praia América.

  • Cortázar coñecera Galicia un ano antes das súas vacacións en Nigrán, en 1956, xa da man de Aurora, que malia nacer en Bos Aires pasou varios anos da súa infancia en Vigo e Ourense, onde aparece nesta imaxe de Pacheco tirada en 1921 cos seus pais.

  • Na súa visita de 1956 o país gustáralle tanto que prometeuse, se algunha vez chegaba a ter un deux chevaux, “llevarla a Aurora a Galicia, instalar cuarteles de primavera en Redondela” e dedicarse “a los paseos, a la pesca, y a herborizar como Rousseau”.

  • Un ano despois, o que buscaban os dous en 1957 era “una playa tranquila donde descansar dos semanas antes de la vuelta a París y del viaje a Buenos Aires”. Quedaron tres semanas. Na imaxe, Aurora posa en Nigrán con Baiona ao fondo.

  • “Lourido es un sitio precioso al sur de Vigo. Se llega en tranvía, hay un hotel donde nos adoran porque desde el patrón hasta el cocinero todos han trabajado alguna vez en Argentina”. Na imaxe, Aurora coa serra do Galiñeiro ao fondo.

  • “Hasta ahora dominan los vientos y las nubes, pero yo ya he tenido la oportunidad de medirme con Poseidón. Resultado: arena en un ojo, y 75 pesetas de oculista. ¡Oh, el deporte!”, di noutra anotación.

  • "Este es uno de los calvarios más lindos que encontramos en nuestras excursiones”, anota Cortázar desta imaxe na que Aurora posa no cruceiro que hai na metade da ponte medieval da Ramallosa, entre Nigrán e Baiona.

  • “El pañuelo de la muñeca no es de compadre, sino por una quemadura del sol!”, explica o escritor sobre esta foto no mesmo cruceiro da Ramallosa.

  • “No consigo recordar cómo se llama en gallego ese tipo de hórreo. Los del hotel me dijeron que le llaman canizo, pero yo creo que el nombre es otro”, di Cortázar recollendo o nome que se lle dá en Nigrán.

  • Aurora posa xunto a un cruceiro noutra das fotos, tomadas maioritariamente por Cortázar e con ela como protagonista.

  • Un ano antes das vacacións en Nigrán, Cortázar e Aurora xa visitaran Santiago. “¿Te acuerdas del Pórtico de la Gloria en la catedral? Y los soportales, las plazas por la noche, este tono tan distinto de Galicia”, escribe sobre Santiago, “deliciosa ciudad donde comimos unos pulpos gloriosos”.

  • Aurora Bernárdez posa diante doutra igrexa de Santiago en 1956, un ano antes das vacacións que tanto desfrutou Cortázar en Nigrán.