Praza Pública

Unha ducia de ideas para gozar coa rapazada un novembro en galego

A chegada do outono, e con el da chuvia e de días con menos horas de luz, non é un impedimento para seguir pasándoo ben coa rapazada e en galego. Aquí vai unha ducia de propostas lanzadas desde Apego, o proxecto para impulsar o galego na infancia.

  1. 07

    Cantacontos para bebés na Coruña

    Os mércores 8 e 15 de novembro, ás seis da tarde no centro Ágora da Coruña, Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica e algún dos seus temas máis populares.

  2. 08

    Viaxe a Sudamérica, en Carballo

    O mércores día 15, en dúas sesións ás 17 e as 18.30 horas na biblioteca Rego da Balsa en Carballo, os ratos de Lonxedetodo volven dunha longa viaxe por América do Sur e Central. Un percorrido por Arxentina, México, Cuba, Venezuela e Brasil. Así dramatizarán algunhas das anécdotas máis divertidas da súa viaxe e darannos a coñecer autores e autoras da literatura infantil daquel continente  tanto en prosa como en verso, así como algunhas fermosas cancións do seu folclore.