0 Gardados para despois

Praza Pública

Unha ducia de cancións dedicadas a políticos galegos

Hai cancións políticas e cancións dedicadas a políticos. E a que a comezos deste mes Tony Lomba & Elio dos Santos dedicaron ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, non é a única que ten un político galego como o seu protagonista. Repasamos unha ducia delas.

  • Abel Caballero, por Tony Lomba & Elio dos Santos

    Tony Lomba tivo que aclarar que o seu ton habitual é a ironía ante os comentarios que consideraron este tema unha mostra de "apoio" ao alcalde de Vigo.

    Tony Lomba y Elio dos Santos, Vaya tío

  • Alberto Núñez Feijóo, por Tony Lomba & Elio dos Santos

    Tony Lomba xa dedicara un tema, improvisado, ao presidente da Xunta durante o seu paso polo Land Rober da TVG.

    Alberto Núñez Feijóo, por Tony Lomba & Elio dos Santos

  • Alberto Núñez Feijóo, por Poetarras

    Outros músicos xa compuxeran temas sobre Feijóo antes que Tony Lomba. Aquí, o de Poetarras.

    Alberto Núñez Feijóo, por Poetarras

  • Alberte Núñez Feixóo, por Os da Ría

    Os da Ría tamén se fixaron en como Feijóo goberna Galicia.

    Alberte Núñez Feixóo, por Os da Ría

  • Manuel Fraga, por La Trinca

    Cando quen apostou por Feijóo aínda era líder da oposición en Madrid tamén foi obxecto dunha composición na que se lembraban as súas orixes políticas.

    Manuel Fraga, por La Trinca

  • Franco (ou alguén parecido), por La Mandrágora

    Tamén houbo composicións dedicadas a quen apostou por quen apostou por Feijóo. Ou por alguén parecido, porque a canción non o deixaba claro.

    Franco (ou alguén parecido), por La Mandrágora

  • O conselleiro, por Siniestro Total

    Si, este tema está dedicado a ese conselleiro.

    O conselleiro, por Siniestro Total

  • Baltar, por Ico d'O Sonoro Maxín

    O entroido de Ourense é propicio para as composicións musicais, como esta dedicada a Baltar.

    Baltar, por Ico d'O Sonoro Maxín

  • Baltar, por O neno do Barbaña

    Sobre Baltar hai composicións que achegan máis da realidade ourensá que moitas investigacións xornalísticas.

    Baltar, por O neno do Barbaña

  • Gonzalo Pérez Jácome, por O neno do Barbaña

    O líder de Democracia Ourensana tamén foi merecedor da súa propia composición.

    

    Gonzalo Pérez Jácome, por O neno do Barbaña

  • Anxo Quintana, por Edilberto Alonso

    Mesmo Anxo Quintana foi merecedor da arte do trovador de Curtis.

    Anxo Quintana, por Edilberto Alonso

  • Bo nadal, por Gerardo Conde Roa

    Non é un tema musical dedicado a un político, pero nesta época de nadal na que estamos é pertinente lembrar a un dos políticos que mellor soubo felicitar musicalmente á cidadanía.

    Bo nadal, por Gerardo Conde Roa