0 Gardados para despois

David Reinero

Unha ducia de obras de arte no Parlamento de Galicia (e na súa nova web)

O Parlamento de Galicia vén de renovar a súa web, redeseño que permitiu incluír nela un catálogo da ampla colección de arte que acolle o Pazo do Hórreo, iniciativa na que tivo bastante que ver o propio presidente da Cámara, Miguel Santalices. Esta é unha ducia de exemplos suxeridos polo propio Parlamento das obras que se poden contemplar en calquera das visitas gratuítas que a institución está a potenciar para achegarse máis á cidadanía.

  • O parlamento de Galicia, Jorge Serafín Peteiro Vázquez

    Oleo/lenzo, 2003.

  • Carta de Galicia, de Domingo Fontán Rodríguez

    Papel continuo tea, 1836.

  • Nacemento de Afrodita, de Arturo Souto Feijoo

    Cera/papel, sen datar.

  • Paisaxe metafísico, de Urbano Lugrís González

    Óleo/táboa, 1961.

  • Mai de domingo, de Juan Luis López Gracia

    Óleo/lenzo, sen datar.

  • Antroido, de Alfonso Sucasas Guerra

    Óleo/lenzo, 1988.

  • Dona dos oito, de Acisclo Manzano Freire

    Terracota, 1989.

  • A chegada, de José María Acuña

    Escultura en bronce, sen datar.

  • O can azul, Xaime Quesada Porto

    Óleo/lenzo, 1994.

  • Caminante VII, de Antón Pulido Novoa

    Acrílico/lenzo, 2005.

  • Vidreira de entrada ao Parlamento, de José "Laxeiro" Otero Abeledo

    Vidro soprado a boca, 2007.

  • Vidreira do hemiciclo, de Isaac Díaz Pardo

    Vidro soprado a boca, 2007.