0 Gardados para despois

David Reinero

Unha ducia de xentes do leite

O Concello de Curtis vén de editar un libro, Xentes do leite, no que o fotógrafo, veterinario e actor José Luís Míguez Vázquez fai un percorrido visual por medio cento de profesións e actividades ligadas ao sector lácteo para contribuír a poñelo en valor. Seleccionamos a xeito de exemplo unha ducia desas xentes do leite.

  • Sandra, servizo de substitución de muxido

  • José Antonio, condutor de carro unifeed

  • Nuria, responsable de calidade nunha industria láctea

  • Damián, transportista de pensos

  • María Ángeles, técnica de reprodución

  • Javier, peritaxe de sinistros pecuarios

  • Ana María, laboratorio de forraxes

  • Gonzalo, mecánico de maquinaria agrícola

  • Luis Eduardo, vaqueiro

  • Marcos, fabricación de salas de muxido

  • Marta, comercial de millo forraxeiro

  • Esperanza, agrupación de defensa sanitaria