Praza Pública

Unha ducia de estampas da 'Galicia mártir', por Castelao

A chegada a Galicia d'A derradeira leición do mestre, o cadro de Castelao baseado na estampa sexta do seu álbum Galicia mártir, fixo regresar á actualidade os debuxos cos que o político e artista de Rianxo reflectiu en 1937 a barbarie franquista no país. Galicia mártir foi inicialmente editado polo Ministerio de Propaganda da República, que tamén editou selos postais coa estampa que evoca o asasinato de Alexandre Bóveda. 

Fonte das imaxes

  1. 01

    Galicia mártir. Estampas por Castelao

  2. 02

    Aos galegos que andan pol-o mundo

  3. 03

    Este é o deus dos feixistas

  4. 04

    Queiman, rouban e asesinan no teu nome!

  5. 05

    Arriba os probes do mundo...

  6. 06

    Así aprenderán a non ter ideas

  7. 07

    Cobardes! Asesinos!

  8. 08

    A derradeira lección do mestre

  9. 09

    Non enterran cadavres; enterran semente

  10. 10

    Van a matarnos; pero venceremos

  11. 11

    Esta door non se cura con resiñación

  12. 12

    Superviventes