Praza Pública

Unha ducia de novas máis lidas en Praza.gal durante 2018

Pechamos un ano informativamente intensísimo para abrir outro que se prevé que non o sexa menos. Pasaron moitas, moitísimas cousas. Entre elas, estas doce que as persoas que visitades Praza.gal convertestes nas novas máis lidas do 2018. Repasámolas antes de poñernos a contar o 2019.

  1. 06

    O relato en primeira persoa de infartar en Lugo fóra de horas

    En febreiro Pedro Díaz, un veciño de Lugo, relatou en primeira persoa para Praza.gal o vivido tras padecer un infarto fóra do horario de apertura da sala de hemodinámica, a unidade do Hospital Lucus Augusti que atende esta doenza. "Tiven sorte de aguantar a viaxe á Coruña", explicaba. Días despois, o Sergas confirmaba a ampliación do horario, que deixou de ser 'de oficina', pero aínda pechando durante as noites.

  2. 08

    En vésperas da gran folga feminista

    O 23 de febreiro Praza.gal informaba da manifestación que o movemento feminista galego estaba a ultimar en Vigo para o 4 de marzo , en vésperas da folga feminista do 8M. A manifestación foi masiva, tan exitosa como a folga mesma.

  3. 10

    Pagar máis pola luz para compensar ás eléctricas

    A finais de xaneiro o Goberno central confirmaba que en Galicia ía subir o recibo da luz durante arredor dun ano para compensar as empresas eléctricas por impostos pagados no ano 2013, tal e como ditaminara o Tribunal Supremo.

  4. 11

    O cruceiro máis antigo, en risco por un concerto da Panorama

    En agosto coñecemos que o cruceiro situado ao carón da igrexa de San Roque, en Melide, estivera en risco de deterioro e mesmo de destrución durante as xornadas festivas na vila. A razón foi a montaxe do escenario da orquestra Panorama para ofrecer un concerto.