Praza Pública

Unha ducia de transformacións peonís

Unha enquisa feita pública nos últimos días revela que a restrición de coches no centro das cidades ten en Galicia un apoio do 80%, o maior de todo o Estado. Repasamos unha ducia de experiencias de recuperación de cidades e vilas para os peóns e outro tipo de mobilidades alternativas como as bicicletas.

  1. 02

    Vigo

    A principios de século, cando só a rúa do Príncipe era peonil, a reforma da praza da Independencia de Vigo suscitou un forte debate gañado polos partidarios da súa peonalización, o que supuxo o inicio da extensión dese modelo polo resto da cidade. A loita actual é pola mellora da mobilidade en bicicleta.

  2. 04

    Santiago

    O gran casco vello de Santiago é peonil pero cun importante tráfico de vehículos de servizos, taxis e subministros para a hostalería derivados da súa gran afluencia de turistas.

  3. 07

    Ourense

    Ademais da clásica rúa do Paseo, son moitos os espazos da cidade de Ourense peonalizados nos últimos anos.

  4. 09

    Baiona

    Os cascos históricos de moitas vilas galegas xa hai anos que eran relativamente peonís, pero nos últimos tempos esas actuacións estanse estendendo a outros ámbitos próximos, como en Baiona ocorreu coa rúa Carabela Pinta, unha das súas arterias principais.

  5. 10

    Allariz

    O de Allariz é outro dos cascos históricos nos que é difícil saber se a peonalización foi da man da súa revitalización, ou se foi á inversa.

  6. 11

    Ribadeo

    O centro de Ribadeo tamén transformou en rúas peonís varios dos seus accesos recuperándoos para o uso cidadá.

  7. 12

    Lalín

    O Concello de Lalín leva un tempo convencendo á súa cidadanía das vantaxes da mobilidade peonil cortando ao tráfico en fins de semana rúas polas que habitualmente circulan vehículos.