Praza Pública

Unha ducia de vídeos de Pucho Boedo

O 26 de xaneiro de 1986 finaba Pucho Boedo, o máis grande mestre da canción galega. Máis de tres décadas xa sen o crooner coruñés, do que Xurxo Souto adoita dicir que "como Carlos Gardel, cada día canta mellor". Lembrámolo con esta ducia de vídeos: algunhas das súas cancións, que forman parte do imaxinario colectivo de varias xeracións de galegos e galegas, algún retallo documental ou a homenaxe que hai un tempo lle tributaron os seus veciños e veciñas do barrio do Ventorrillo. Pucho Boedo!

  1. 01

    "A Santiago Voy"

    Los Tamara: "A Santiago Voy"

  2. 02

    "Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo"

    Documental producido por Voz Audiovisual e dirixido por Xurxo Souto en 2003

  3. 03

    "Mi Tierra Gallega"

  4. 04

    "Monólogo do vello traballador"

  5. 05

    "Himno a Galicia"

  6. 06

    Ofrenda no Ventorrillo

    Ofrenda a Pucho Boedo realizada no barrio do Ventorrillo (A Coruña) en 2010

  7. 07

    "Unha noite na eira do trigo"

  8. 08

    "A Meiga"

  9. 09

    "Quixera ser un poeta"

    Pucho Boedo e Os Tamara interpretan este tema, "Quixera ser un poeta", dedicado a Castelao.

  10. 10

    "Morriña"

  11. 11

    Homenaxe a Pucho Boedo na apertura das festas do Ventorrillo

    Homenaxe a Pucho Boedo nas festas do Pilar de 2014 no Ventorrillo, con Xurxo Souto e Sito Sedes como mestres de cerimonias.