A fusión de seis cooperativas en Lugo creará un grupo con 2.800 explotacións gandeiras

Os presidentes das seis cooperativas © Agaca

Outra nova unión de cooperativas en Galicia. Agris (Friol), Icos (Chantada), Cogasar (Sarria), Coelplan (Becerreá) e Leira (Paradela), xunto coa fábrica de pensos Aira (Taboada), da que todas forman parte, acordaron promover a súa fusión como unha única cooperativa de primeiro grao. De confirmarse a unión, suporía a creación dun dos maiores grupos cooperativistas de Galicia, agrupando 2.800 explotacións gandeiras da provincia lucense, alcanzando os 93 millóns de euros anuais de cifra de negocio e a xeración de 220 empregos. 

Agris (Friol), Icos (Chantada), Cogasar (Sarria), Coelplan (Becerreá) e Leira (Paradela), xunto coa fábrica de pensos Aira (Taboada), acordan formar unha cooperativa de primeiro grao

Esa é a intención, aínda que a decisión final acordada nos consellos reitores dependerá agora de que os socios de cada cooperativa ratifiquen a decisión nas asembleas xerais que en todas elas se celebrarán antes de que remate este mes de xuño. Será o vindeiro día 30 cando se confirme a operación e, en todo caso, se algunha das implicadas queda fóra. Desde esta semana e ata esa data límite cada unha das empresas informará os seus socios e empregados do proxecto. 

As seis sociedades teñen previsto fusionarse nunha única -que levará o nome de Aira- cuxa produción de leite acumulada superaría os 310 millóns de litros anuais repartidos entre 1.100 explotacións. Ademais, sumaría a fabricación de 200.000 toneladas de pensos e mesturas que distribúe a máis de 2.100 explotacións e uns activos de máis de 43 millóns. 

A fusión suporía crear un dos maiores grupos cooperativistas de Galicia, agrupando 2.800 explotacións gandeiras da provincia lucense

As vendas e servizos conxuntos arroxan unha cifra de negocio de 93 millóns de euros para os que a sociedade conta cuns activos de máis de 43 millóns de euros. O plan de negocio prevé para os tres primeiros anos un incremento superior ao 10% cun investimento anual de máis de 2 millóns de euros.

Tal e como explican as seis cooperativas, a idea da integración xurdiu xa hai máis dun ano cando as empresas que integran Aire foron "conscientes de estar a desenvolver actividades e cumprindo obxectivos comúns". De aí pasouse a realizar un estudo formal sobre a viabilidade desta posible fusión. "Os resultados foron tan elocuentes que a engrenaxe comezou a moverse nesa dirección ata lograr o compromiso asinado de traballar nesa dirección a condición de que as respectivas asembleas corroboren esta postura favorable", aclaran. 

Como obxectivo fundamental, as seis empresas apostan por "valorizar a produción dos socios, apostando pola integración comercial e industrial láctea desenvolvendo unha oferta diferenciada e de valor engadido en leite desde o impulso á comercialización e transformación da produción". Apostan por comrpometerse coa súa base social para "reforzar a sensación de peretenza e propiedade da entidade" e garantir a "sustentabilidade" do conxunto meloorando a xestión e eficiencia e optimizando recursos. Alén disto, prevén un "impulso comecial", apostando por unha maior e mellor xestión comercial e de márketing, ademais de integrar servizos profesionais agrarios, mellorar a distribución ou espallar os servizos de valor engadido. 

As principais actividades desenvolvidas polas cooperativas están vinculadas aos subsectores gandeiros de leite e carne; as subministracións; os servizos de veterinaria, maquinaria, loxística, carburantes, de comercialización ou asesoramento. En canto ao seu ámbito de actuación, abrangue as catro provincias galegos, pero ten especial incidencia nas zonas centro e sur da de Lugo e parte da noroeste de Pontevedra.

Esta nova unión de cooperativas no sector agrogandeiro galego chega medio ano despois de que Feiraco, Irmandiños e Melisanto confirmasen a súa unión nunha cooperativa de segundo grao que prevé ir xuntando máis entidades. Neste caso, a previsible ratificación de todas as empresas implicadas acabara coa negativa de Xallas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.