O recibo da luz subiu unha media de 35 euros mensuais en dez anos

España é un dos países da UE no que a electricidade é máis cara CC-BY La.Blasco

FACUA-Consumidores en Acción denuncia que o recibo da luz subiu un 81,4% nos últimos dez anos, nos que cada vivenda pasou de pagar unha media de 42,83 euros ao mes, a pagar 77,68 euros. A entidade culpa da subida á liberalización eléctrica, iniciada a finais dos 90 e impulsada mediante unha directiva europea en 2003, que se presentou aos usuarios co argumento de que provocaría importantes descensos nos prezos da luz.

FACUA afirma que aquilo era "unha gran mentira" que dende entón denunciou continuamente "sen que os sucesivos gobernos, pregados aos intereses das eléctricas, aceptaran darlles participación nas políticas enerxéticas ás asociacións de consumidores representativas".

En abril de 2007 o custe da factura media era de 48,59 euros e nos últimos cinco anos encareceuse case trinta euros ao mes (349,08 ao ano)

A organización denuncia que coa última subida aprobada polo Goberno, vixente dende o 1 de xullo, o usuario medio aboará 77,68 euros ao mes. En 2002, o usuario medio pagaba 42,83 euros en cada recibo. Un ascenso do 80% en dez anos, que se produciu, sobre todo, a partir de 2007. En abril de 2007 o custe da factura media era de 48,59 euros e nos últimos cinco anos encareceuse case trinta euros ao mes (349,08 ao ano). 

A entidade critica que el Gobierno de Rajoy continúa a mesma política tarifaria que practicaba o PSOE, “con subas desproporcionadas que representan ataques inxustificados á economía das familias, seguindo o ditado das compañías eléctricas”. FACUA denuncia igualmente que o Goberno pretende reducir substancialmente o número de usuarios que se poden acoller á denominada Tarifa de Último Recurso (TUR).

A entidade critica que el Gobierno de Rajoy continúa a mesma política tarifaria que practicaba o PSOE

FACUA está levando a cabo unha campaña “sobre as desproporcionadas e inxustas subas da luz”. Elaborou un manifesto titulado Di a Rajoy que rechazas el tarifazo eléctrico, e un vídeo protagonizado polos actores Alfonso Aragón 'Fofito', Itziar Miranda eRoberto Cairo

España é un dos países da UE no que a electricidade é máis cara CC-BY La.Blasco

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.