A Autoridade Portuaria dá por bo o acordo con Pemex e ratifica a súa chegada a Langosteira

Xuntanza do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña © Xunta

A Autoridade Portuaria da Coruña deu o visto e prace á implantación de Pemex no porto exterior da Coruña de Punta Langosteira, tal e como aclarou o seu presidente, Enrique Losada, logo do consello de administración extraordinario deste mércores e ao que asistiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A luz verde chega en medio da polémica levantada en México ante as dúbidas que conselleiros da propia petroleira estatal sobre a construción de dous floteis en estaleiros galegos, e incluso sobre a instalación desta base loxística no peirao coruñés. "Polémica ningunha, a operación está asinada", asegurou.

Feijóo acudiu ao consello extraordinario, pero non fixo declaración ningunha tras as sancións ao Goberno por parte da Xunta Electoral

O xefe do Executivo galego decidiu non facer declaracións, se cadra advertido xa polas seis sancións que acumula o Goberno por parte da Xunta Electoral tras varios anuncios institucionais en plena precampaña. Malia que Feijóo non realizou declaracións, si o fixo Enrique Losada, que insistiu en que a Autoridade Portuaria conta "con documentación e aval de Pemex" polo que entende que a infraestrutura da empresa azteca na Coruña "está confirmada". A terminal de graneis estaría finalizada en dous anos, segundo aclara, e ocuparía unha superficie de 30.000 metros cadrados. Alí mesturaranse gasolinas para exportar a México e prevese un movemento anual de entre 2 e 2,5 millóns de toneladas de mercadoría nunha terminal "con capacidade de almacenamento de 100.000 metros cúbicos"

A Autoridade Portuaria di que non hai "polémica ningunha" porque o acordo con Pemex "está confirmado"

O "seguinte paso", segundo Enrique Losada, será a presentación da documentación "de índole ambiental" por parte de Pemex, achegar un informe do Concello de Arteixo e tramitar, ante o Goberno central e a Xunta, as correspondentes declaracións de impacto ambiental. O presidente da Autoridade Portuaria estimou "en cinco meses" o prazo para a realización destes trámites e insistiu "en dous anos ou dous anos e medio" o necesario para que Pemex dispoña xa dunha terminal en Punta Langosteira.

O porto coruñés aproveitou para louvar as xestións de Feijóo e a Xunta

Previamente, a petroleira deberá presentar un proxecto "máis definido" para a execución da obra xa que na actualidade o que existe é "un proxecto básico", segundo precisou tamén Losada, que aproveitou para louvar "o papel" da Xunta e de Feijóo nas negociacións con Pemex. "De ben nacidos é ser agradecidos", dixo.

Sobre a presenza do presidente da Xunta neste consello de administración, Enrique Losada manifestou que é "de ben nados ser agradecidos". Respecto diso, subliñou "o papel" do titular do Executivo galego para a implantación de Pemex en Punta Langosteira.

Tamén rexeitou que garde relación coas dúbidas suscitadas en relación aos contratos de Pemex con Navantia. , sentenciou Enrique Losada, quen lembrou que tamén se cuestionou" a operación a petroleira mexicana no Porto Exterior e teñen "toda a tramitación", recalcou.

Xuntanza do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña © Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.