0 Gardados para despois

CC.OO. e UGT quentan a folga xeral: Milleiros de persoas enchen as rúas galegas

Redacción | @prazapublica

Quedan 18 días para a folga xeral convocada por todos os sindicatos contra a reforma laboral e as centrais continúan o proceso de mobilización. Onte foi a CIG en oito cidades e vilas do país (e CC.OO. en Ferrol) en conmemoración do Día da Clase Obreira Galega. E hoxe CC.OO. e UGT en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo, nunhas manifestacións convocadas en todo o Estado. Os dous sindicatos cifran en 150 mil os asistentes ás marchas, nas que se gardou un minuto de silencio polas vítimas dos atentados do 11 de marxo de 2004.

Esta mobilización sucede as xa realizadas o 19 e 29 de febreiro e continúa preparando o camiño para a folga xeral do 29 de marzo. Representantes dos dous sindicatos afirmaron que "quizais esta reforma laboral sirva ao Goberno para demostrar ante os poderes financeiros e os lobbys comunitarios que é capaz de tomar decisións agresivas fronte aos seus cidadáns. Pero o Goberno sabe, e nós tamén, que non servirá para dar solución ao noso principal problema: o desemprego". As marchas finalizaron convocando aos asistentes á folga xeral do 29 de marzo contra unha reforma laboral que os organizadores consideran "inútil, ineficaz e moi inxusta cos traballadores".

As marchas finalizaron convocando aos asistentes á folga xeral do 29 de marzo contra unha reforma laboral que os organizadores consideran "inútil, ineficaz e moi inxusta cos traballadores"

A manifestación central tivo lugar na Coruña, con máis de 30 mil asistentes, segundo os sindicatos, e 9 mil segundo a policía local. Foi semellante a participación na marcha de Vigo, con 30 mil persoas segundo os organizadores e 20 mil segundo a policía. Dez mil persoas percorreron as rúas de Compostela, segundo CC.OO. e UGT., nunha mamnifestación que rematou na Praza de Praterías e na que se escoitaron continuos berros de "folga xeral".

Nos discursos que se leron ao remate das marchas criticouse que a reforma laboral prexudica os traballadores ·porque converte o despedimento nun recurso fácil, rápido e barato para os empresarios" e prexudica tamén ás persoas que xa se atopan en situación de desemprego e non perciben ningunha prestación porque "concede privilexios económicos ás empresas de menos de cincuenta traballadores que contraten desempregados con prestación".

Vigo e A Coruña foron as mobilizacións máis numerosas, con máis de dez mil asistentes en cada caso

Así mesmo, os sindicatos critican que afectará negativamente ás condicións de traballo dos empregados públicos "autorizando, por primeira vez na historia, ás administracións expedientes de extinción do persoal laboral" e denuncian a aplicación dunha nova forma de contrato que permite que calquera novo traballador estea “no limbo laboral durante o primeiro ano porque se considerará que está a proba e, polo tanto, é susceptible de ser despedido en calquera momento, sen requisitos, sen indemnización e sen dereitos".

Peche da manifestación de CC.OO. e UGT na Coruña

Peche da manifestación de CC.OO. e UGT na Coruña

Peche da manifestación de CC.OO. e UGT na Coruña

Cabeceira da manifestación de CC.OO. e UGT en Compostela

Manifestación de CC.OO. e UGT en Ourense

Concentración de CC.OO. e UGT en Burela

A manifestación, en Vigo

Outro momento da manifestación na Coruña

Peche da manifestación de CC.OO. e UGT na Coruña

Manifestación en Ourense

A manifestación de CC.OO. e UGT en Vigo

A manifestación de CC.OO. e UGT en Vigo

A manifestación de CC.OO. e UGT en Vigo

Manifestación de CC.OO. e UGT na Coruña

Manifestación de CC.OO. e UGT na Coruña

A manifestación de CC.OO. e UGT en Ferrol

A manifestación de CC.OO. e UGT en Ferrol

Manifestacións de CC.OO. e UGT contra a reforma laboral (11 de marzo)

CC.OO. e UGT manifestáronse en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo, nunhas marchas contra a reforma laboral convocadas en todo o Estado. Os dous sindicatos cifran en 150 mil os asistentes ás mobilización nas cidades e vilas galegas

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.