Unha nova sentenza obriga NGB a devolver os cartos a dous afectados polas preferentes

Sentada dos afectados polas preferentes no Obradoiro Dominio Público @redenasa

O Xulgado de Primeira Instancia nº 9 da Coruña vén de ditar sentenza pola que estima a demanda de nulidade de venda de participacións preferentes interposta contra Novagalicia Banco por un matrimonio da cidade. O xulgado condena a entidade a devolverlles aos demandantes a cantidade que tiñan retida neste produto financeiro, 50.000 euros, incrementada ou disminuida pola diferencia entre os xuros legais do 4% anual desde a data da contratación e os xuros efectivamente percibidos polos demandantes durante a vixencia do contrato, así como a lles aboar as custas procesuais.

A sentenza considera probado que aos demandantes, clientes minoristas cun nidio perfil conservador e aforrador, foilles comercializado un produto de complexo e elevado risco. Os demandantes non foron informados sobre os elementos esenciais do negocio, nin tampouco advertidos de forma inequívoca sobre a asunción de riscos que puidesen ter permitido unha decisión racional. Velaí que o xulgado aprecia "erro substancial e excusable dos clientes ao contratar as preferentes", o que determina a nulidade do contrato por vicio do consentimento.

A sentenza entra a avaliar a natureza das participacións preferentes sinalando, ao efecto, que se tratan dun valor de carácter aleatorio e de máximo risco, maior incluso que o que deparan as accións ordinarias

A sentenza entra a avaliar a natureza das participacións preferentes sinalando, ao efecto, que se tratan dun valor de carácter aleatorio e de máximo risco, maior incluso que o que deparan as accións ordinarias. A diferenza das accións ordinarias, as participacións preferentes son un valor de capital “cautivo”, ao non ostentar o seu titular dereito político ningún a respecto da entidade, que puidera permitirlle participar no control do risco asumido.

Neste caso que vén de resolverse os demandantes non encaixan no tradicional perfil de arbitraxe de persoas con poucos coñecementos ou extrema vulnerabilidade

Neste caso que vén de resolverse os demandantes non encaixan no tradicional perfil de arbitraxe de persoas con poucos coñecementos ou extrema vulnerabilidade. A comercialización desta caste de productos híbridos en Galicia atinxiu a todo tipo de clientes minoristas (obreiros, profesores de instituto e de universidade, funcionarios, xornalistas, pequenos empresarios, etc), sendo en grande parte comúns os defectos de comercialización, que non requiren de xeito ningún un perfil de determinada idade ou de determinado baixo nivel de coñecementos.

Sentada dos afectados polas preferentes no Obradoiro Dominio Público @redenasa

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.