0 Gardados para despois

Revista de Prensa. Para Le Monde: "España convértese na gran preocupación de Europa"

Marcos Pérez PenaMarcos Pérez Pena | @marcosperezpena


Nas portadas das cabeceiras impresas, destaca a de El Periodico de Catalunya, que baixo un gran titular 29M Pulso General sitúa un editorial titulado Justa, sea útil o no que afirma: "a reforma laboral é, con moito, a máis radical de todas as aprobadas na democracia española" e no que conclúe "nunca un paro xeral fora tan xusto coma o de hoxe. E, con todo, as posibilidades reais que teñen as mobilizacións do 29-M de conseguir a súa meta -a modificación substancial da reforma aprobada- son escasas, por non dicir nulas".

E tamén hai que salientar as das cabeceiras de dereitas, como Gaceta: "España quiere trabajar, los sindicatos la paran", ABC: "Luís de Guindos: La reforma laboral es vital para la recuperación" e sobre todo La Razón: "Trabaja por España". Todas elas cargan contra os sindicatos, aos que acusan de estar "subvencionados". El Mundo chama a atención sobre a situación económica para desaconsellar a folga: "El Gobierno advierte a los sindicatos que España está en una situación límite". E El País incide igualmente no contexto económico: "Rajoy afronta la huelga general con España en el ojo del huracán".

Mentres, ARA, no que a redacción da súa edición dixital fixo folga de xeito parcial, presenta unha portada moi coidada, que titula "A folga do malestar".  Na mesma liña, outro xornal catalán, El Punt-Avui, cruza na súa portada as palabras Rajoy e Vaga (folga). Pola súa banda, Publico.es anunciou que ao longo deste xoves non se actualizará porque a súa redacción decidiu apoiar a convocatoria de folga. Gara.net tomou a mesma decisión.

 

Prensa internacional

Na prensa internacional hai que salientar, sobre todo, o tratamento de Le Monde, que abre a súa portada en papel coa folga xeral do 29M: Grèves, réccesion, déficit. L'Espagne devient le grand souci de l'Europe (Folgas, recesión, déficit. España convértese na gran preocupación de Europa). No seu interior analiza a situación nunha crónica do seu correspondente en Madrid, que titula Pourquoi l'Espagne inquiète tant la zone euro. Afirma que coa situación en Grecia e Italia máis controladas, agora é España o país que máis preocupa, fala da falta de transparencia das contas españolas, do elevado déficit, da falta de control do gasto das comunidades autónomas e da debilidade do sistema financeiro e o sector inmobiliario.

The Guardian en Spain general strike beginsfala con José Ramón Pin, profesor da IESE Business School, que di que neste momento "hai dous elementos: os votantes españois e os investidores internacionais, e agora mesmo o Goberno está gobernando para os investidores". A BBC en Spanish workers hold general strike over labour reformafirma a través de Gavin Hewitt, o seu editor para Europa, que "para os sindicatos non é só unha demostración de forza, senón unha batalla sobre o futuro do Estado do Benestar". Tamén informan con gran dedicación Al-Jazeera ou Corriere della Sera.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.