0 Gardados para despois

Galicia liderou o desencanto contra a reforma laboral

Miguel PardoMiguel Pardo | @depunteirolo


David LombaoDavid Lombao | @davidlombao


Destácano os titulares de numerosos xornais do Estado. Galicia liderou o 29-M as mobilizacións contra a reforma laboral do Goberno nunha xornada de folga xeral na que o paro tamén foi dos máis importantes no país. O número de manifestantes que ateigaron as principais cidades sorprendeu incluso aos sindicatos, que agardaban unha boa resposta pero que se enorgullecen dun "éxito rotundo" das convocatorias, só comparables ás da crise do Prestige. Á habitual masiva afluencia nas marchas dunha cidade obreira como Vigo engadíronse tamén elevadísimas cifras de manifestantes nunha urbe de servizos como A Coruña, e nun Ferrol que recuperou o ímpeto loitador das peores épocas da reconversión naval. Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra tampouco quedaron atrás. En total, arredor de medio millón de galegos nas rúas.  

Unha comparación das dúas principais cidades galegas coas máis poboadas do Estado deixa clara a resposta dos galegos nas manifestacións. Facendo unha media entre os datos que achegan os sindicatos e os que facilitan policías e administracións locais, Vigo e A Coruña serían as localidades de España con maior afluencia de manifestantes en termos porcentuais. Así, na urbe viguesa manifestaríanse nas rúas unhas 92.000 persoas nas marchas dos tres principais sindicatos (UGT e CCOO e CIG), o que equivalería a máis do 30% da poboación total (297.000), mentres que na Coruña sairían tras as pancartas algo máis de 72.000 persoas, preto tamén do 30% do censo da localidade (246.000). 

Afluencia ás manifestacións no Estado
Cidade Afluencia Porcentaxe
Vigo 92.000 31%
A Coruña 72.500 29,5%
Valencia 142.000 17,7%
Gijón 46.000 16,6%
Zaragoza 100.000 14,8%
Barcelona 233.000 14,4%
As Palmas 45.000 11,8%
Palma 40.000 9,9%
Madrid 265.000 8,1%
Sevilla 55.000 7,8%
Bilbao 25.000 7,1%
Santander 5.300 3%

Obviamente, e en termos globais, foron Madrid e Barcelona as cidades que lideraron a afluencia ás manifestacións, pero nuns termos porcentuais moito menores aos que chegaron todas as urbes galegas sen excepción. Ás cifras de Galicia, e sempre tendo en conta os cálculos dos sindicatos e das administracións locais, só se achegan (e de lonxe), cidades como Valencia ou Xixón, esta última tradicionalmente combativa contra os recortes á clase traballadora. Ademais, e á marxe das capitais estatal e catalá, tan só localidades como Sevilla, Zaragoza ou Valencia superaron a Vigo ou A Coruña no número total de asistentes ás manifestacións.

Sindicatos e partidos da oposición ven nesta espectacular resposta da poboación o desencanto dunha sociedade que "coñece desde hai tempo os recortes do PP que outra xente empeza a coñecer no resto do Estado", como asegurou onte na Cadena Ser o presidente socialista da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro. Pero ademais, tamén se recoñece a importancia da fortaleza do sindicalismo nacionalista no país, o que engade á mobilización de CCOO e UGT o poder de convocatoria e activismo da CIG e incluso da CUT, que onte bateron records de asistencia ás súas marchas tanto na Coruña como en Vigo. "A repercusión máis importante foi en en Galiza e Euskadi e non é casual", di Suso Seixo, secretario xeral da CIG, que atribúe isto á "presenza do sindicalismo nacionalista", que vén desenvolvendo unha "dinámica distinta á doutras organizacións sindicais" na súa resposta á crise

Primeiro treito da protesta compostelá da CIG

Persoal do Consorcio de Benestar, na marcha da CIG en Santiago

A CIG, no Ensanche compostelán

Panorámica da CIG na Praza Roxa de Santiago

Inicio da marcha da CIG en Compostela

CCOO e UGT, en Santiago baixo un cartel da CIG

Cabeceira de CCOO e UGT en Santiago

CCOO e UGT en Santiago

Comitiva de Galiza Nova en Santiago

Mozos nunha manifestación en Santiago

CCOO e UGT, na Praza de Galicia, en Santiago

Pancarta artesanal en Compostela

Manifestación por diante dunha entidade bancaria

Inicio da manifestación de CCOO e UGT en Santiago

Comitiva da CUT en Compostela

A CNT, en Compostela

Folga no téxtil

Chamada á folga sobre un escaparate

CCOO e UGT, na zona vella de Santiago

CCOO e UGT, na Praza das Praterías

As Praterías, quedando pequenas

Faixa de CCOO nunha manifestación en Compostela

A CIG, comezando a encher a Quintana

A CIG logra encher a Quintana

Parafraseando a Os Diplomáticos de Monte Alto

O Sindicato de Xornalistas, en Compostela

A manifestación da CIG na Coruña

A manifestación da CIG na Coruña

A manifestación da CIG na Coruña

A manifestación da CIG na Coruña

A manifestación da CIG na Coruña

A manifestación da CIG na Coruña

Imaxe de Vigo

Unha das marchas de CCOO e UGT

A Coruña

A manifestación da CIG en Pontevedra

A manifestación da CIG en Pontevedra

A manifestación da CIG en Pontevedra

A manifestación da CIG en Pontevedra

A manifestación da CIG en Pontevedra

Guillerme Vázquez encabeza a comitiva do BNG en Vigo

Beiras e Bascuas, na manifestación da CIG en Vigo durante a folga xeral

Vilagarcía

Ribeira

Lugo

Ferrol

Ferrol

Vigo

Vigo

A manifestación de CC.OO. e UGT en Vigo

Manifestación en Ferrol

A manifestación da CIG en Cee

Os participantes nas manifestacións que se celebraron en Compostela desprazáronse ao Obradoiro no remate

Imaxe panorámica da manifestación de CCOO e UGT na Coruña

Manifestación da CIG en Xinzo de Limia

Manifestación da CIG en Xinzo de Limia

Manifestación da CIG en Xinzo de Limia

Manifestación de CCOO e UGT en Vigo

Manifestación de CCOO e UGT en Vigo

A manifestación de CC.OO. e UGT en Ourense

Manifestación da CIG en Vigo

A CIG en Vigo

Faixa da CIG en Vigo, na pasada folga xeral

Manifestantes da CIG en Vigo

Suso Seixo, ao remate da marcha de Vigo

Remate da CIG en Vigo

Manifestación polas rúas de Vigo

A manifestación da CIG, no centro de Vigo

'Pablo Iglesias', na protesta de CCOO e UGT na Coruña

Un xeito de ver a folga, ao paso de CCOO e UGT na Coruña

Pancarta con retranca na Coruña

Manifestacións no 29M

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.

A CIG anuncia concentracións contra a reforma laboral tras o "éxito" da folga

Tras as "manifestacións máis multitudinarias da historia de Galiza por un tema laboral", novas mobilizacións. A Confederación Intersindical Galega manifestou este venres a súa satisfacción pola "masiva" participación na folga xeral do 29 de marzo e, máis concretamente, nas marchas de protesta celebradas nas principais localidades do país. En opinión do secretario xeral da CIG, Suso Seixo, a única "resposta" que o Goberno central debería adoptar tras o gran seguemento da folga é a "retirada" inmediata da reforma laboral. Non obstante, a central sindical nacionalista dubida de que o PP vaia mudar a súa actitude de "imposición" e, polo tanto, xa ten en marcha un novo calendario de mobilizacións, a comezar por concentracións nas sete cidades galegas no día en que se aprobe defintivamente a reforma no Congreso dos Deputados, algo que, previsiblemente, acontecerá o 12 de abril.

Estas novas protestas chegarán despois dunha xornada de folga sen apenas "conflitos" algo que, explica Seixo, "hai que agradecerlles aos piquetes informativos" e "non á Policía" que, en máis dun caso, di, acudiu ás protestas "con ganas de guerra". "Estaban en plan claramente provocador, insultando" e mesmo chegando a deter a un cámara do departamento de comunicación do sindicato, con "tres policías enriba para quitarlle a cámara" que lle "retorceron un brazo", facendo que precisase asistencia médica. Esa agresión, sinala, produciuse cando os axentes "estaban insultando e provocando" os folguistas e o cámara gravaba o sucedido.

Do mesmo xeito, Suso Seixo responde tamén ás acusacións lanzadas dende o PPdeG, segundo a cal a CIG, á que denomina "brazo sindical do BNG", reclamou reducir os servizos mínimos no servizo de extinción de incendios. "En servizos tan delicados non formulamos" nada que "non garanta a plena seguridade". "Somos máis responsables ca eles", di Seixo, en cuxa opinión, os conservadores procuran polémicas coma esta para "tentar desprestixiar" a convocatoria da folga xeral e o seu "éxito".

Neste contexto, a CIG advirte ademais de que "se o PP non é sensible" ás reivindicacións a central non só optará polas concentracións, senón que "seguiríamos combatendo a reforoma no día a día, nos centros de traballo", por múltiples vías como a negociación de convenios colectivos. "Aí agardamos a unidade sindical" para "impedir que se apliquen" as novas normas aínda que xa estean en vigor, subliña.