0 Gardados para despois

A banca das Caimán ten máis depósitos do exterior que a francesa

Lara GrañaLara Graña | @lara_grana


As axencias de calificación arrebataron a Francia a máxima calificación crediticia. Unha nota de gran valor económico e mesmo patriótico que agora, e entre os principais países da Unión Europea, só posúe Alemaña. Malia á reivindicada fortaleza do sistema económico alemán a súa banca non é capaz de captar tantos depósitos procedentes do estranxeiro como entidades doutros países. Outros o fan mellor. Entre eles está un dos principais paraísos fiscais do mundo: Illas Caimán. 

O Bank of International Settlements (BIS) elabora cada trimestre un informe no que se detallan tanto os préstamos como os depósitos que as entidades conceden ou captan do exterior. No último boletín difundido por este organismo internacional ponse de manifesto que os chamados tax haven (na súa versión inglesa) gozan de boa saúde. As Caimán tiñan, a 30 de setembro de 2011, 1,151 billóns de euros en depósitos procedentes do exterior. A banca alemana, por contra, apenas superaba o billón de euros.

Depósitos externos. Saldo pendente en billóns de dólares
País Decembro 2009 Decembro 2010 Xuño 2011 Setembro 2011
Illas Caimán 1.639,3 1,693 1,594 1,515
Alemaña 1,250 1,291 1,274 1,332
Francia 1,724 1,727 1,851 1,649
Bahamas 440,7 510,5 506,1 608,5
Hong Kong 463,5 563 632 663,5
Macao 20,7 28,3 33,8 33,1

O caso de Francia é singular. A súa banca está moi afectada pola crisis grega, ao igual que a alemana, con altos niveis de exposición á débeda soberana deste país. Non obstante supera amplamente o nivel de depósitos captados no exterior, sempre segundo estes datos do BIS.

 

A aposta galega

Alén das apostas bancarias, tamén os sectores produtivos utilizan os paraísos para reducir completa ou parcialmente a presión fiscal. A modo de exemplo, as empresas e particulares galegos investiron máis de 141 millóns de euros en paraísos fiscais nos últimos cinco anos, segundo os datos recompilados por Praza. Máis de 65 foron xestionados con estes territorios entre xaneiro e setembro de 2011, o dobre que durante todo 2010.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.