O naval maniféstase en Vigo antes da gran marcha do sábado

Cartel da manifestación do sábado en Vigo Dominio Público Praza Pública

Tamén houbo manifestación do naval. Ademais da manifestación estudantil en varias cidades e vilas de Galicia e das concentracións de profesionais médicos nos centros hospitalarios, uns  2.000 traballadores manifestáronse este xoves polas rúas de Vigo en defensa do sector e "polo futuro industrial" da zona, nunha xornada que coincidía cunha folga parcial e que pretende ser o anticipio da gran manifestación que os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocaron para este sábado.

CIG, CCOO e UGT piden o apoio da cidadanía na manifestación do vindeiro sábado

A manifestación percorreu varias rúas da cidade, desde o cruce de Colón e Policarpo Sanz e até o edificio da Xunta. Alí, os representantes sindicais pediron á cidadanía que apoie e participe na concentración do sábado (19 horas) para que Vigo sexa "un clamor" na loita polo sector naval da comarca.    

 

Ramón Sarmiento, voceiro de CCOO, censurou a actitude da Xunta porque Feijóo "non quere saber nada dos problemas" do sector. Diego Atanes, representante de UGT, tamén criticou con dureza o Goberno galego e o conselleiro de Industria, Javier Guerra, aos que culpou da crise do naval pola súa "incompetencia" e "fala de compromiso". 

Do mesmo xeito, o representante de UXT, Diego Atanes, criticou duramente a Feijóo e ao conselleiro de Industria, Javier Guerra, a quen sinalou como "culpables" da crise do naval pola súa "incompetencia" e a súa "falta de compromiso" co sector. "A Xunta arranxa os problemas dando millóns do diñeiro público ás empresas, unha por unha, e facéndose fotos nos estaleiros, cando o que o naval necesita é unha solución global", reclamou. 

Os tres sindicatos censura o Goberno galego pola súa "incompetencia e falta de compromiso" ante os problemas do sector naval

César Rodríguez, voceiro da CIG, non se centrou só na Xunta, senón tamén no Goberno central, "que leva catro meses facendo o mesmo que o anterior". "Temos que dar un paso adiante, só depende de nós", subliñou, á vez que pediu aos traballadores "non ser menos" que aqueles que loitaron polo emprego no sector durante a reconversión dos anos 80.

Os tres sindicatos agardan o vindeiro sábado unha resposta masiva na manifestación convocada en Vigo, e que coincidirá coas protestas do movemento 15M, que volve á rúa a nivel mundial e que tamén terá un punto importante de mobilización na cidade olívica. 
 

Cartel da manifestación do sábado en Vigo Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.