A Xunta resígnase ante a perda de vinculación con Galicia de NCG Banco

Alberto Núñez Feijóo e José María Castellano © Xunta

Novagalicia Banco xa non é unha institución ou empresa pública do Estado, polo que a Xunta de Galicia se resigna a botar man -de novo- do Estatuto de Galicia para defender a galeguidade e vinculación con Galicia desta entidade de crédito. Empresa que foi a cuarta do Estado, con datos consolidados, en inversión en Obra Social no ano 2010, segundo os datos da Confederación Española de Cajas de Ahorros (CECA). Esta nova postura do Executivo galego contraponse á actitude proactiva que Alberto Núñez Feijóo tivo durante o proceso de negociación, fusión e bancarización das caixas galegas.

O exportavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, formulou unha pregunta con resposta oral ao Goberno da Xunta, que se converteu en escrita ao ter rematado o período de sesións. Aymerich preguntaba polos pasos a dar por parte do Goberno galego para blindar a galeguidade do banco, beneficiario da segregación financeira de Novacaixagalicia, e a súa implicación con Galicia. A resposta oficial limítase a apuntar que Novagalicia Banco, que o mesmo Feijóo avalou, xa non é unha entidade amparada polo Estatuto.

"A Xunta de Galicia realizou todas as accións legalmente posibles para evitar a aplicación deste marco normativo", di a resposta en relación ao Fondo Bancario (FROB, propietario de máis do 90% de NGB). 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.