O persoal de Alcoa secunda unha folga de 24 horas

Mobilización de persoal de Alcoa na Coruña © CCOO-Galicia

O persoal da factoría de Alcoa na Coruña secundará desde a noite deste xoves unha folga de 24 horas, outra medida de protesta e presión máis no marco das mobilizacións que levan a cabo desde que a multinacional anunciou a súa intención de pechar tanto esta fábrica como a de Avilés. 

Os case 400 traballadores están convocados a unha folga de 24 horas desde as dez da noite  deste xoves

 A esta folga están chamados os 369 empregados ameazados co despedimento e comezará ás 22 horas para rematar á mesma hora do venres. Ademais, parte do cadro de persoal participará ese mesmo venres pola mañá nunha mobilización que celebrarán ante a planta de Alcoa en San Cibrao para "protestar" contra a empresa na factoría onde xestiona "toda a produción de Europa", ademais da da macroplanta que o grupo ten en Arabia Saudita. 

Parte do persoal de Alcoa na Coruña mobilizarase este venres ante a planta da empresa en San Cibrao

Estas novas accións contra o peche chega logo de que Alcoa prorrogase un mes máis o período de negociación do ERE de extinción presentado e que se abrise a escoitar ofertas para a posible vendas das fábricas ameazadas. 

O prazo de negociacion que remataba esta semana conta desde xa ouros 30 días, aínda que a firma mantén aberta a posibilidade de "prorrogalo adicionalmente" até o 15 de xaneiro de haber "avances dabondo nas negociacións". A noticia chegou no mesmo día no que se coñeceu que o xuíz de Rótterdam ditaminou contra a demanda do cadro de persoal de paralizar o ERE.

O comité de empresa da planta coruñesa amósase satisfeito por ter conseguido ampliar o período de negociación, ao que se incorpora logo de non ter asistido a varias das xuntanzas anteriores por considerar "nulo" o expediente. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.