Economía
As traballadoras da limpeza en Lugo vencen os "xigantes" tras 130 días de folga
O persoal alcanza un acordo para pór fin a un conflito de máis de catro meses contra unha patronal "belixerante e intransixente", segundo as negociadoras, que representa as grandes multinacionais do sector. As limpadoras sinalan o orgullo e a "emoción" pola perseveranza nunha loita "difícil" no económico e no persoal.
A Audiencia Nacional confirma que as principais empresas lácteas intercambiaron información en prexuízo dos gandeiros
Tras unha denuncia de Unións Agrarias, Competencia multara en 2019 ás empresas con máis de 80 millóns de euros, e agora a xustiza ratifica os feitos, avala multas por máis de 28 millóns de euros e pide que se recalculen o resto de sancións
O TSXG paraliza un dos parques eólicos asociado ao plan de transición xusta en Meirama
O Superior volve suspender cautelarmente a autorización para un proxecto, desta vez un de Naturgy previsto en terreos de Ordes, Carral e Cerceda, pola súa proximidade a diversos núcleos de poboación e pola "afección severa" ás aves.
- Galería Crise de prezos
- Economía
O agro galego saca centos de tractores ás rúas en demanda de "prezos xustos" e menos burocracia
Agricultores e gandeiros sinalan a UE e levan as súas reivindicacións tanto ante a Xunta como ante o Goberno central nunhas protestas que provocaron cortes de tráfico en varios puntos do país.
O conciliábulo decifrado
Joám Lopes Facal"Benvido sexa o goberno que veña", insiste a patronal ante Pontón tras asegurar ante Besteiro que non ten "medo a nada"
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, amosa a súa dispoñibilidade a negociar medidas económicas cun goberno de esquerdas
Os impostos como inesperado convidado no 18F: a Xunta négase a explicar ao Consello de Contas para que valen as súas rebaixas
Rueda promete seguir ampliando as bonificacións fiscais coas que o Goberno galego vén beneficiando a ingresos ou patrimonios cada vez máis altos sen avaliar os efectos malia peticións reiteradas do ente fiscalizador
Luces e sombras no mercado laboral galego
Manoel Barbeitos- Datos
- Economía
Tres de cada catro novos parados en Galicia no mes de xaneiro foron mulleres
O desemprego subiu en case 1.600 persoas debido en exclusiva ao aumento no sector servizos tras o final da campaña de Nadal e das rebaixas. Case o 75% das novas persoas paradas foron mulleres nun mes no que se destruíron 12.000 postos de traballo.
Meirama e As Pontes contarán con cadanseu nó de transición enerxética para os futuros proxectos renovables
Transición Ecolóxica inicia a consulta pública para tramitar o concurso do nó de transición xusta de Meirama e anuncia a futura poxa tamén nas Pontes, cuxa subestación está prevista para 2026. Besteiro e Formoso gábanse das súas xestións co Goberno central para "traer postos de traballo a Galicia, o que é incapaz de facer Rueda".
Enagás confirma a inclusión do corredor galego de hidróxeno na rede europea tras poñelo en dúbida a Xunta
A empresa impulsora da infraestrutura confirma que o tramo Guitiriz-Zamora formará parte do futuro proxecto europeo logo de que o Goberno galego advertise dun novo "agravio" do Goberno central a Galicia tras quedar fóra dos proxectos prioritarios da UE. A ministra Ribera garante a moi alta tensión para Stellantis Vigo "en tres ou catro anos".