0 Gardados para despois

Editorial

Este nadal agasalla medios en galego

A Fundación Praza Pública, que edita Praza.com, é unha fundación galega sen animo de lucro cuxo principal ingreso económico son as achegas dos máis de 350 doadores que no primeiro ano de vida fixeron posible Praza.

Queremos que nos leas, que compartas as nosas novas nas redes sociais e en función das túas posibilidades que nos apoies economicamente

Levamos case 11 meses informando todos os días sobre o que outros medios ocultan ou minimizan, sendo críticos cos grandes poderes e molestos para moitos. Levamos 11 meses dándolle voz a moitas persoas e colectivos que cada vez atopan menos altofalantes nun escenario non que moitos e bos medios de comunicación foron desaparecendo.

Para que poidamos seguir facendo este traballo e facéndoo con independencia necesitamos incrementar e estabilizar os nosos ingresos económicos. Por iso animámoste a apoiar a continuidade de Praza Pública, ben a través dunha achega periódica a partir de 10 euros ao mes, ben a través da inserción de publicidade a partir de 50 euros ao mes.

Queremos que nos leas, que compartas as nosas novas nas redes sociais -onde temos case sete mil seguidores en twitter e máis de cinco mil no facebook-, e en función das túas posibilidades que nos apoies economicamente.

Para poder continuar realizando un xornalismo diario en galego que entendemos de calidade e plural, imos lanzar unha campaña de bonos de axuda de 10 euros que levan de agasallo unha camiseta

Co obxecto de poder continuar realizando un xornalismo diario en galego que entendemos de calidade e plural, imos lanzar unha campaña de bonos de axuda de 10 euros que levan de agasallo unha camiseta co lema Quero medios amigos, plurais e en galego.

Que mellor agasallo neste nadal que esta pequena achega para axudar a que Praza siga existindo? Que mellor agasallo que a continuidade de medios de comunicación de calidade e en galego?