0 Gardados para despois

Eleccións 21-O

Deputadas de PP e BNG, o pasado febreiro no hemiciclo

A igualdade no Parlamento, materia pendente unha lexislatura máis

A Cámara galega inicia unha nova lexislatura con maioría masculina e, malia á Lei de Igualdade, tres dos catro grupos parlamentarios quedan por baixo do 40% de mulleres na súa composición. O Estado español retrocede catorce postos no índice mundial de igualdade -infografía no interior-.

Publicidade
  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    Francisco Caamaño afirma sobre Rubalcaba que "non necesitamos un paracaidas para ralentizar o desplome, necesitamos unhas ás" e engade que "hai que comezar a falar moi seriamente da renovación orgánica e ideolóxica. Necesitamos un liderado capaz de crear esas ás e necesitámolo con urxencia".

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    Carlos Neira explica no seu blog que o crecemento de AGE "está sustentado tanto en antigos votantes do BNG como do PSOE" e tamén en "xente que se resistiu a subirse ao carro da abstención, como fixo unha parte importante da poboación".

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    Ismael Rego pide a dimisión de Pachi Vázquez. Rego afirma que "non é o momento de reflexións, é o momento das dimisións" e engade que "non houbo ninguén que lle fixese tanto dano ao partido en tan pouco tempo".

  • David LombaoPor David Lombao,

    Guillerme Vázquez confirma que Francisco Jorquera será o voceiro do BNG no Parlamento. E ante os resultados obtidos este domingo, que cualifica de "moi malos", di que "o BNG ten a súa liña propia que vai seguir defendendo" ainda que cumpra "un periodo de reflexión". Preguntado por un posible entendemento con Beiras, o voceiro nacional do Bloque afirma que "os camiños do señor son inescrutábeis".

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    Xoán Bascuas afirmou que estas eleccións lle serviron a CxG para "darse a coñecer" e di que Compromiso obtivo "bos resultados" naqueles lugares nos que a formacions está asentada.

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    Xosé Manuel Beiras compareceu en Teo para afirmar que "agora si que a derrota definitiva do PP aquí e no Estado comeza a ser segura" e definiu a AGE como "esa vangarda". Concluiu que "imos ser os espartanos no Parlamento galego para loitar contra a crise". E repite que os deputados de Anova e EU actuarán conxuntamente no Parlamento en base ao programa electoral acordado entre eles.

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    Comparece Jorquera. Felicita o PP pola súa vitoria e culpa do descenso do BNG á crise interna sufrida e a unha estratexia popular de "retroalimentar" a AGE: "mirade que os mellores resultados de Beiras sempre coincidiron cos mellores resultados do PP". Alerta de que Galicia está a sufrir un proceso de "desgaleguización" e afirma que contra ese proceso "o BNG é imprescindibel". De cara ao futuro indica que "tan importante será o traballo no Parlamento coma na rúa".

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    O escrutinio en Euskadi está xa ao 99%. O PNV gaña, obtén 27 deputados pero queda lonxe da maioria absoluta e terá que elixir entre EH-Bildu (21) e PSE (16). O PP obtén 10 escanos e UPyD 1. Os partidos nacionalistas obteñen 48 escanos.

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    Pachi Vázquez é o primeiro en comparecer. Asume o resultado "con serenidade", informa de que xa felicitou ao PP e di que "asume a responsabilidade", pero non aclara o seu futuro máis aló de dicir que se abre "un periodo de reflexión".  Mañá o PSdeG-PSOE celebra Executiva.

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    Co 60% escrutado o PP obtén 41 deputados, o PSdeG 18, AGE 9 e BNG 7. O PP descende en porcentaxe pero gaña un escano por todas as provincias agás Pontevedra. O PSdeG resiste mellor en Lugo e Ourense (perde un escano en cada provincia) ca na Coruña (perde 3) e Pontevedra (perde 2). AGE obtén o 13,6% dos votos e 9 escanos: 4 pola Coruña 3 por Pontevedra e 1 por Lugo e Ourense. O BNG ten 7. 

Máis
Km percorridos Hoxe estará en

Alberto Núñez Feijóo

2.109 km Feijóo vota en Vigo e segue os resultados na sede do PPdeG

Pachi Vázquez

2.447 km Pachi Vázquez deposita o sufraxio no Carballiño e pasa a noite electoral en Santiago, na sede do PSdeG

Francisco Jorquera

1.534 km Jorquera emite o voto na Coruña e trasládase a Santiago para seguir os resultados

Xosé Manuel Beiras

1.528 km Beiras vota en Brión e pasa a noite electoral con AGE nun hotel de Teo

Xoán Bascuas

1.296 km Bascuas vota en Compostela, onde tamén segue os resultados

15 días / 15 temas:

O I+D+i

Creación dun programa público dirixido pola Xunta para seleccionar persoal investigador de altas capacidades, que se porían a disposición do sistema conxunto universidade-empresa.

Urxe pór en marcha un programa de investimento de I+D+i, que represente unha maior porcentaxe sobre o total do gasto e sobre o PIB, ata alcanzar, como mínimo, a media estatal

Creación da Axencia Galega de Innovación e Desenvolvemento Industrial (AGIDI). Permitirá a superación dos problemas de coordinación entre os diferentes departamentos con competencias na materia.

Desenvolver estratexias produtivas, socialmente sustentábeis, que corrixan as deficiencias estruturais dos sectores estratéxicos galegos. I+D+I ao servizo da sociedade e orientado primordialmente ao sector civil.

Creación do Consello Galego de Ciencia e Innovación (CGCI) (reconfigurando a actual CICETGA) como órgano responsable da orientación estratéxica da política de ciencia, tecnoloxía e innovación.

Os medios de comunicación

Presentaremos nos primeiros meses de lexislatura a xa elaborada Lei de Publicidade Institucional de Galicia, que regulará a acción publicitaria das institucións públicas galegas.

Garantimos uns medios públicos de comunicación independentes, obxectivos e veraces, lonxe da utilización partidaria que o actual goberno realiza da radio e da televisión públicas

As relacións cos medios de comunicación privados deben estar rexidas pola independencia e a transparencia. As axudas estarán vinculadas ao logro de obxec tivos de interese público, en particular o uso normal do galego

Defensa do ámbito informativo galego con medios de comunicación non sometidos aos poderes políticos e económicos.

Regulación do sistema de subvencións aos medios de comunicación equiparándoos aos de calquera outra actividade económica así como o de publicidade institucional

O emprego

Todas as actuacións da área laboral enmárcanse na estratexia dun Plan de Mellora da Empregabilidade, que dea resposta á situación actual de deterioro do mercado laboral debida a profunda crise.

Bolsas contrato e programas mixtos de emprego e formación vinculados aos sectores de futuro e con certificado de profesionalidade. Neste programa atenderemos máis de 25.000 persoas de menos de 30 anos.

Concentrar as axudas á contratación en colectivos específicos con altas taxas de desemprego e vincular o seu financiamento a fondos procedentes da recadación fiscal no canto das cotizacións sociais.

Na defensa dun emprego estable e con dereitos anularemos as recentes normas e reformas galegas que atentan contra os dereitos das traballadoras e traballadores.

Axuda directa de 6.000 € para a creación de empresas por parte dos menores de 35 anos para crear a súa empresa.

O medio rural

As políticas que agora precisa o sector primario de Galicia deben estar fundamentalmente dirixidas a integrar as cadeas produtivas para diminuír a diferenza entre os prezos en orixe e os prezos en consumo dos produtos.

Reactivación do Banco de terras, que permita reducir os custes de produción, e programa específico de refinanciamento das débedas das explotacións.

Actuación decida a prol do funcionamento efectivo do Banco de Terras orientándoo cara á adxudicación de fincas ás explotacións agrogandeiras.

Políticas de defensa do sector labrego, revitalizando as pequenas e medianas explotacións, garantía de prezos xustos, recuperación dos ecosistemas agrarios e a sustentabilidade económica, impulsando a ordenación do territorio e a fixación de poboación no medio rural.

Impulso decidido ás cadeas curtas de produción-distribución-venda, que sirvan para producir alimentos saudábeis, reducir o impacto ambiental e fixar rendas no eido rural.

O aforro de recursos públicos

Impulsar un pacto pola sustentabilidade do sector público galego no que, baixo a coordinación da Xunta, se substanciarán estas cuestións cunha visión a longo prazo. .

Transformación eficaz da organización pública, que pode xerar aforros. Galicia non pode caer na trampa de confundir a necesidade permanente de adaptar as estruturas e os procesos das súas administracións co seu desmantelamento.

Supresión das delegacións e subdelegacións do Goberno Central, e a transferencia a Galiza dos servizos da administración periférica non asociados a competencias exclusivas do Estado

Reversión ao dominio público das concesión feitas ao sector privado

Mellora do control e a fiscalización transparente das contas públicas, fornecendo ao Consello de Contas de recursos financeiros, informáticos, de persoal e de competencias para capacitalo na auditoría completa da Administración.

A administración

Proporase a introdución de medidas para racionalizar e flexibilizar a negociación sindical das Relacións de Postos de Traballo, co fin de acurtar os prazos para a súa aprobación.

Promoveremos a total transparencia nos procedementos dos distintos niveis da Administración vinculados á contratación, que deben estar sempre a disposición de todos os cidadáns na Internet.

Baleirado progresivo de contido operativo das deputacións provinciais.

Auditoría da débeda pública que en boa medida é ilexítima

Suprimir, a prol da mellor administración dos recursos públicos, a Administración periférica do Estado.

O financiamento

A adecuada estimación destas necesidades debe pasar polo seguimento, competencia a competencia, dos custos asociados e dos factores diferenciais que en cada territorio repercuten sobre o custo medio de cada servizo

É imprescindible reformar o fondo de cooperación interterrito- rial (FCI), que debe, polo menos, duplicar os fondos e proporcionar a Galicia unha discriminación positiva que permita a nosa converxencia co PIB per cápita medio de España

Adecuación dos modelos de financiamento público ás necesidades que temos de gobernar en función da nosa realidade nacional, e que nos permita recadarmos e facer uso pleno dos nosos recursos económicos.

Reforma tributaria para restablecer unha fiscalidade progresiva, sinaladamente sobre os tramos elevados de ingresos e patrimonios privados

Aposta, no medio prazo, por un modelo de financiamento baseado nun Concerto Económico co Estado

A Cidade da Cultura

Transformar a Cidade da Cultura de Galicia nun polo de desenvolvemento, nun centro especializado na incubación de empresas culturais e creativas galegas e, polo tanto, xerador de ingresos.

Non faremos novos investimentos nos vindeiros anos. No estado actual dese proxecto cómpre controlar o seu gasto de funcionamento e darlle contido. As iniciativas culturais galegas terán prioridade.

Paralización definitiva dos edificios pendentes. Desenvolvemento do proxecto cultural e de usos, que defina contidos que lle dean sentido e utilidade para a cultura galega.

Sen referencias

O complexo do Gaiás debe captar fondos de fóra da Galicia para axudarse a funcionar e abandonar a dinámica de competencia desleal que lle fai ao tecido cultural do país

As infraestruturas

Remate dos eixos iniciados na pasada lexislatura e que contan con tramos pendentes de apertura como a Autovía da Costa da Morte, a Autovía Celanova-Ourense, Nadela-Monforte, Tui-A Guarda, a Vía Ártabra, a Vía do Norte ou o acceso ao Porto de Burela.

Finalizar as infraestruturas en marcha. Non hai gasto máis inútil que un reto a medias. Completar o AVE a Galicia, a conexión ferroviaria cos portos, as melloras acometidas nos aeroportos e a continuidade nas infraestruturas viarias internas

Asegurar o remate de infraestruturas en construción, para evitar que o investimento realizado se perda, particularmente comprometéndose á finalización da autovía da Costa da Morte.

Reversión ao dominio público das concesión feitas ao sector privado en materia de infraestruturas, recursos, bens e servizos estratéxicos que poidan ser interpretados como de interese público ou comúnl

Posta en marcha dun “Plan galego de transporte e infraestrutura”, dirixido a racionalizar e optimizar as infraestruturas con especial atención ao eido ferroviario.

A educación

O propósito é fortalecer a liña de compromiso do centro cos obxectivos de éxito mediante a sinatura de contratos-programa, pasando do 15% de centros participes actuais alomenos ao 50%.

A escola inclusiva, laica, democrática e de calidade é necesaria para que a formación sexa garantía de igualdade de oportunidades, social e de xénero. Para iso, os orzamentos contemplarán todas as necesidade da educación, sen recortes.

Darlle prioridade ao investimento en educación, procurando atinxir o 6 por 100 do PIB, ao tempo que se reducirán os concertos educativos.

Defensa innegociable dos servizos sociais públicos, universais, de calidade e gratuítos, sinaladamente sanidade e ensino

O goberno da Xunta debe priorizar o investimento en educación co obxectivo cuantitativo de equiparalo á media da UE

A sanidade pública

Garantir a equidade, accesibilidade, continuidade, calidade e seguridade da atención, con priorización segundo os criterios de planificación, gravidade, urxencia e frecuencia establecidos

Só pode ser universal, gratuíta e solidaria. Deixaremos sen efecto as medidas de recorte de dereitos á cidadanía e ás persoas traballadoras da sanidade levadas a cabo pola dereita.

Parar a destrución da sanidade pública galega, freando as privatizacións e o despezamento que emprendeu o PP. .

Defensa innegociable dos servizos sociais públicos, universais, de calidade e gratuítos, sinaladamente sanidade e ensino.

Resulta básico un incremento no financiamento do sistema, baixo un criterio de suficiencia, que atenda as novas necesidades socio-sanitarias da poboación. .

O sistema financeiro

Tentar consolidar un proxecto financeiro autónomo e galego, solvente, eficiente e comprometido coas necesidades de financiamento das empresas e familias galegas

Un banco competitivo con presenza de capital galego e vinculado ao noso territorio, integrado nun modelo de banca serio e cun proxecto rigoroso.

Banca pública galega, que é unha ferramenta que permitirá avanzar na soberanía financeira de Galiza, ao dotármonos dun instrumento para orientar os nosos aforros e investimentos. .

Sector financeiro público ao servizo da cidadanía galega e apostar pola reversión das caixas de aforro á súa natureza orixinal de entidades non capitalistas de economía social.

Galicia utilizará todas as súas competencias e capacidade negociadora para conservar no país o centro de decisión de Novagalicia Banco.

O aborto

Sen referencias

Garantiremos a asistencia da interrupción voluntaria do embarazo, segundo a norma legal. Namentres, instaremos ao Goberno central a manter a Lei Orgánica 2/2010 de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo

Asegurar a interrupción voluntaria do embarazo na rede sanitaria pública ás mulleres que así o desexaren.

Defensa do dereito das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo. Defensa do aborto libre, público e gratuíto. Eliminación da obxección de conciencia na sanidade pública

Sen referencia

A lingua

A condición que temos os galegos/as de bilingües debe valer para que os cidadáns adquiramos coñecementos en máis linguas a partires da nosa condición bilingüe”

Posta en marcha, cos recursos orzamentarios, materiais e humanos precisos, do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado no Parlamento no ano 2004

Todos os poderes públicos deben protexer e dignificar a lingua galega procurando o obxectivo de normalizaren o seu uso en todos os ámbitos e de garantiren o dereito a vivir en galego.

Deseñar unha estratexia actualizada para sumar o maior número de segmentos sociais á defensa da nosa lingua e que aproveite as oportunidades de pertencer ao sistema lingüístico galego-portugués

Defensa activa contra a desaparición da identidade galega, contra o exterminio planificado da nosa lingua

O autogoberno

Aposta por continuar negociando o traspaso de competencias dacordo co pactado entre todas as forzas parlamentarias; así como traballar para avanzar en fórmulas de coparticipación nas decisións e de coxestión no Estado das Autonomías.

Aprobación dun novo Estatuto que nos permita, ao igual que xa fixeron outras comunidades, avanzar no autogoberno para dispoñer de mecanismos institucionais máis potentes

O recoñecemento do dereito de autodeterminación de Galiza, consonte a súa condición de nación, que leve aparellado o exercicio libre e soberano do poder

Reivindicación da nación dos galegos e galegas como suxeito único da soberanía nacional

Avanzar cara a un Estado plurinacional, que adopte a forma de República, no que se estableza un modelo aceptábel para os pobos que coexisten no Estado español