Francisco Caamaño afirma sobre Rubalcaba que "non necesitamos un paracaidas para ralentizar o desplome, necesitamos unhas ás" e engade que "hai que comezar a falar moi seriamente da renovación orgánica e ideolóxica. Necesitamos un liderado capaz de crear esas ás e necesitámolo con urxencia".
Fálase
Carlos Neira explica no seu blog que o crecemento de AGE "está sustentado tanto en antigos votantes do BNG como do PSOE" e tamén en "xente que se resistiu a subirse ao carro da abstención, como fixo unha parte importante da poboación".
A patronal galega celebra a vitoria do PP nas eleccións. A Confederación de Empresarios de Galicia emite un comunicado no que asegura que a maioría absoluta "achega a estabilidade necesaria para abordar os esixentes retos aos que ten que facer fronte a comunidade".
Ismael Rego pide a dimisión de Pachi Vázquez. Rego afirma que "non é o momento de reflexións, é o momento das dimisións" e engade que "non houbo ninguén que lle fixese tanto dano ao partido en tan pouco tempo".
José Bono censura que o PSOE "goberne con independentistas en Galicia" e asegura que lle "ruboriza" que o partido empregue a palabra 'español' nas súas siglas.
Guillerme Vázquez confirma que Francisco Jorquera será o voceiro do BNG no Parlamento. E ante os resultados obtidos este domingo, que cualifica de "moi malos", di que "o BNG ten a súa liña propia que vai seguir defendendo" ainda que cumpra "un periodo de reflexión". Preguntado por un posible entendemento con Beiras, o voceiro nacional do Bloque afirma que "os camiños do señor son inescrutábeis".
A publicidade en internet en España xa supera á dos medios impresos, que cae un 20% no primeiro semestre do ano.
Cifuentes advirte ao 25-S: "A Policía actuará". A delegada do Goberno asegura que a concentración prevista non foi comunicada, polo que ameaza coa actuación das forzas de seguridade.
Aumentan as voces críticas no PSOE despois dos malos resultados electorais no 21-O. Eduardo Madina pide unha "lectura de fondo" dos datos e López Aguilar cre que os españoles xa non recoñecen o PSOE como alternativa.
A conta de Beiras en twitter: @xmBEIRAS sumou máis de dous mil seguidores ao longo da noite electoral e supera xa os dez mil. Ao longo da campaña converteuse no candidato máis popular nesta rede social.