Está mañá estanse a producir longas ringleiras de estudantes na biblioteca Concepción Arenal da USC, na que a Universidade instalou novos controis de acceso. (foto: Carlos Neira)
Fálase
Envían a prisión o home acusado de, presuntamente, chantaxear o ex deán da Catedral de Santiago e á baronesa Thyssen. Supostamente esixiulle cartos ao crego ameazándoo con facer público un vídeo comprometedor. Cóntao El País.
Esta mañá celébrase en Compostela unha manifestación contra o plan de reestruturación de Novagalicia Banco, para alertar das súas consecuencias "sociais e laborais" e reclamar a devolución dos cartos das preferentes, entre outras reivindicacións.
Os diarios impresos recollen este sábado nas súas portadas a concesión do terceiro grao penitenciario a Ángel Carromero, o dirixente de Nuevas Generaciones do PP condenado por homicidio imprudente en Cuba.
A plataforma En Positivo, xurdida no seo do PSdeG, comeza a abordar o seu futuro este sábado cunha xuntanza en Lalín
A CUP propón que Girona se una ás Transition Towns, o movemento de localidades en transición a un mundo pospetróleo.
O Goberno central denuncia ante o Tribunal Constitucional o imposto á banca que decidiu impoñer o Goberno do Principado de Asturias. Aprobouno hoxe no Consello de Ministros
Público ofrece unha entrevista con Alfon, que permaneceu 56 dias na cadea despois de ser detido na pasada folga xeral. Afirma que "o medo vai cambiar de bando".
A revista de pensamento feminista Andaina celebra esta tarde o seu trixésimo aniversario. Será ás 19:30 na galería Sargadelos de Compostela.
Queremos Galego amosa o cartaz da manifestación en defensa da lingua e contra a Lei Wert que convocou para o vindeiro día 27